Leonardo Gómez Pérez

guerrilleiro antifranquista galego

Leonardo Gómez Pérez, coñecido polo alcume de Trancas, nado en Ferrol o 22 de abril de 1914 e finado en Ourol o 16 de setembro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaLeonardo Gómez Pérez
Biografía
Nacemento22 de abril de 1914 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de setembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Ourol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesTrancas Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Electricista de Viveiro. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou a Asturias e ingresou nas Milicias Populares en Sograndio (Oviedo) o 17 de novembro. Coa caída de Astrurias regresou á súa terra e incorporouse ao grupo Neira. O 17 de febreiro de 1943 escapou con Antonio Molins Valls a unha redada da policía en Ferrol na que foi detido o seu curmán Eugenio Bernal Pérez. En 1945 era membro da III Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia, comandada por Manuel Castro Tellado, que actuaba na zona sueste da provincia de Lugo. Foi un dos xefes militares da III Agrupación e participou en varias accións na área de Viveiro, entre elas o axustizamento do xefe da Falange de Viveiro, Manuel Trobo Rivera, con Evaristo Candelas Pérez o 13 de xaneiro de 1946.[1] Non tomou parte na evasión do Santa Teresa. O 8 de setembro de 1948 a Garda Civil de Ortigueira cercou unha casa de Ambosores na que se refuxiaba Leonardo Gómez con Vicente Peña Tarrasa e outros tres guerrilleiros; no tiroteo mataron o propietario Jesús López Bouza e ao seu criado José Durán Souto, logrando fuxir os guerrilleiros. Foi abatido nunha emboscada no Rego (Bravos, Ourol) o 16 de setembro de 1949.[2] A súa parella foi apresada ese mesmo día en Vilabuín (Miñotos).[3] Os seus compañeiros fusilaron ao falanxista e alguacil de Ourol, Eugenio Arias Casal, acusado de ter colaborado na morte de Leonardo.

Vida persoal editar

Coa súa primeira parella, tivo un fillo, José López Varela, nado na Redonda (Mugardos) en marzo de 1935.

Notas editar

  1. Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. p. 159. ISBN 84-87783-79-1. 
  2. Bernardo Máiz (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Vigo: Xerais, p. 174
  3. José Temblás Paz y Leonardo Gómez decidieron quedarse

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Lamela, Luís (2023). A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento. pp. 219–222. ISBN 978-84-8487-635-9. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 77–78. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar