Evaristo Candelas

guerrilleiro antifranquista

Evaristo Candelas Pérez, coñecido como Evaristo ou Ángel Franco, nado en Galera (Granada) o 19 de setembro de 1916[1] e finado en París en febreiro de 1988, foi un guerrilleiro antifranquista.

Infotaula de personaEvaristo Candelas
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Galera, España Editar o valor em Wikidata
Mortefebreiro de 1988 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ingresou voluntario na Mariña en xuño de 1936. Desertou e quixo ir a Asturias con Antonio Molins Valls, Ramón Vizoso e Demetrio. Foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Integrouse no grupo Neira. En 1942, coa axuda de Demófilo Pedreira Rumbo e outros militantes comunistas, foi operado de apendicite nunha clínica privada da Coruña e permaneceu oculto 20 días coa falsa identidade de Ángel Franco. Participou con Leonardo Gómez Pérez no axustizamento do xefe da Falange de Viveiro, Manuel Trobo Rivera, o 13 de xaneiro de 1946.[2] O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia coa súa compañeira Lola xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Vivía en París cando foi indultado o 15 de xuño de 1967.

Notas editar

  1. Candela, Evaristo
  2. Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. p. 159. ISBN 84-87783-79-1. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar