Antonio Molins Valls
guerrilleiro galego
Antonio Molins Valls, coñecido como Noi, nado en Barcelona, foi un militar e guerrilleiro antifranquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Barcelona |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | guerreiro , militar |
Traxectoria editar
Ingresou voluntario na Mariña en xuño de 1936. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era mariñeiro no Almirante Cervera. Desertou e quixo ir a Asturias con Evaristo Candelas, Ramón Vizoso e Demetrio. Foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Integrouse no grupo Neira. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia coa súa muller Evangelina Pigueiras xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa.[1] Despois marchou a Cuba.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 97. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas editar
- Antonio Molins Valls na páxina web Nomes e Voces.