Demófilo Pedreira Rumbo

guerrilleiro antifranquista galego

Cástor Demófilo Pedreira Rumbo, coñecido como Nené, nado en Cortegada (Sarreaus) cara a 1922 e finado en México en 2012, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Modelo:BiografíaDemófilo Pedreira Rumbo
Biografía
Nacemento1922 Editar o valor en Wikidata
Cortegada, España Editar o valor en Wikidata
Morte2012 Editar o valor en Wikidata (89/90 anos)
México Editar o valor en Wikidata
Outros nomesNene Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiManuel Pedreira Pazos Editar o valor en Wikidata
IrmánsManuel Pedreira Rumbo Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 6122

Traxectoria

editar

Fillo de Manuel Pedreira Pazos. Cursaba estudos de Medicina en 1942. Vinculado ao PCE, organizou unha célula comunista clandestina nun sanatorio da Coruña que pertencía a un familiar. Facilitou a operación de apendicite do guerrilleiro Evaristo Candelas Pérez. Por medo a ser descuberto, fuxiu ao monte en agosto de 1942, integrándose no grupo Neira. Foi responsable de formación política, e despois xefe dos oficiais de enlace da zona da Coruña e Ferrol. Foi procesado con outras 29 persoas polo Tribunal Militar de Lugo na causa 531/42 por asasinato de Jose Fortune e Jose Mosquera.[1] A finais de 1942 puido embarcarse cara a Buenos Aires, exiliándose na Arxentina.

Cursou estudos de enxeñería e especializouse en pesca e conserva. Casou con Irene Carratalá Crespo. Co proceso de Reorganización Nacional o seu fillo Rafael Antonio Pedreira Carratalá foi detido en La Plata o 19 de xaneiro de 1977, sendo un dos desaparecidos pola ditadura arxentina.[2] Demófilo regresou a Galicia en 1978 intentando encontrar traballo nas empresas pesqueiras das Rías Baixas. Fracasou, pero ofrecéronlle a xerencia da filial de Dalcahue en Chiloé (Chile), onde se instalou.[3] Finou en México en 2012.[4]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar