Manuel Pedreira Pazos
Manuel Pedreira Pazos, nado en Celas (Culleredo) o 20 de marzo de 1891 e finado en Pontevedra o 4 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1891 Celas, España |
Morte | 4 de setembro de 1936 (45 anos) Pontevedra, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Familia | |
Fillos | Demófilo Pedreira Rumbo, Manuel Pedreira Rumbo |
Traxectoria
editarMestre, en 1914 foi destinado á escola de Altos de Aranga (Aranga), ao ano seguinte a Cardeiro (Boimorto), e en 1916 a Soandres (A Laracha), onde permaneceu ata 1922, que pasou a Cortegada (Sarreaus). Na ditadura de Primo de Rivera fíxose cargo da escola da súa parroquia natal Celas e foi directivo da Sociedade Pro-Cultura de Celas de Peiro. En decembro de 1928 foi destinado á escola da Ucha (Poio). Afiliado a FTE-UGT e ao PSOE, foi secretario da Agrupación Socialista de Pontevedra en 1931. Formou parte da loxa masónica Helenes nº 7 de Pontevedra. Tamén publicou algunha colaboración en El Progreso.[1] En 1935 permutou a escola de Poio pola de Meavía (Forcarei). Foi moi activo como orador na comarca de Tabeirós - Terra de Montes nos anos finais da República.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo. Foi asasinado ao aplicárselle a “lei de fugas” fóra de Pontevedra o 4 de setembro de 1936.[2] En outubro de 1937 foi separado do servizo e dado de baixa na escala.
Vida persoal
editarFoi pai de Manuel e Demófilo Pedreira Rumbo.
Notas
editar- ↑ El Progreso, 11-8-1929, p. 7.
- ↑ Castro, Xosé Álvarez (28 de xullo de 2011). "Pontevedra nos anos do medo: Paseados... (2)". Pontevedra nos anos do medo. Consultado o 2024-09-12.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pereira, Dionisio (2010). Verbo Xido, ed. As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei. Cerdedo. p. 27. Consultado o 20 de marzo de 2017.
- Pereira Martínez, Carlos (07-06-2016). "Oposición á ditadura de Primo de Rivera en Culleredo: o caso dos mestres de Celas, Ledoño, Sésamo e O Burgo". Terra e Tempo. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2017. Consultado o 20 de marzo de 2017.