Culleredo

concello da comarca da Coruña, na provincia da Coruña

Coordenadas: 43°17′18.13″N 08°23′19.89″O / 43.2883694, -8.3888583

Culleredo (AFI: /kuʎeˈɾeðʊ/)[8] é un concello galego da provincia da Coruña. Pertence á comarca da Coruña e está situado na área central da provincia, na comarca da Coruña, no extremo sur da ría do Burgo, no ano 2014 tiña 29.434 habitantes[9] distribuídos en 62,3[9] km². O seu xentilicio é culleredés[10] ou culleredense.

Culleredo
Bandeira de Culleredo
Escudo de Culleredo
Casa do Concello Culleredo.JPG
Casa do concello.
Situacion Culleredo.PNG
Situación
Xentilicio[1]culleredés/culleredesa
culleredense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Coruña
Poboación30.790 hab. (2022)[2][3]
Área62,3 km²[3]
Densidade494,22 hab./km²
Entidades de poboación74 lugares[4]
Capital do concelloTarrío
Política (2019[5])
AlcaldeJosé Ramón Rioboo (PSdeG-PSOE[6])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 12
Outros: AV 3
Eleccións municipais en Culleredo
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes23,58%
Na rede
culleredo.es
Twitter: ConcCulleredo Youtube: UCr6poe7okhvWI-cK-OAC2uA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Neste concello atópase localizado o aeroporto de Alvedro, un dos tres aeroportos de Galicia. E ese mesmo nome, Alvedro, era o que recibía o concello antigamente.[11][12]

XeografíaEditar

SituaciónEditar

Limita ao norte cos concellos da Coruña e de Oleiros e a ría do Burgo, ao oeste co de Arteixo, ao leste co de Cambre e ao sur co de Carral, co concello da Laracha da comarca de Bergantiños e co concello de Cerceda da comarca de Ordes.

Orografía e hidrografíaEditar

O concello está presidido polo monte Xalo (572 m.) no extremo sur do mesmo, e a partir del vanse sucedendo vales e pequenos outeiros ata o nivel do mar na ría do Burgo. Os vales están sucados polo río Valiñas e o rego de Trabe, todos eles pertencentes á conca do río Mero que desemboca na ría do Burgo.

ClimaEditar

Climáticamente atópase no mesmo clima que o resto de Galicia, de tipo oceánico europeo, con temperaturas suaves e gran cantidade de precipitacións.

DemografíaEditar

A poboación a 1 de xaneiro de 2019 era de 30.402 habitantes, 14.635 homes e 15.717 mulleres, segundo o IGE[13].

Culleredo. Gráfica de poboación.
División menor: 1.000 habitantes.
Fontes: Instituto Nacional de Estadística[11] e Instituto Galego de Estatística[13].
Gráfica elaborada por: Wikipedia.

Na gráfica pódese apreciar claramente o forte incremento de poboación a partir de 1970 debido á súa condición de cidade dormitorio asociada á cidade da Coruña.

Xentilicio (véxase no Galizionario): cullerdense.

Censo total 2019 30.402 habitantes
Menores de 16 anos 5.079 (16.71 %)
Entre 16 e 64 anos 20.158 (66.31 %)
Maiores de 64 anos 5.165 (17.00 %)
Evolución da poboación de Culleredo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
7.495 8.004 8.738 13.129 24.640 28.227 29.207 29.416 29.415 29.434 29.593 29.638 29.982 30.221 30.402 30.685 {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

EconomíaEditar

Este é un municipio fortemente influenciado pola súa proximidade á cidade da Coruña, o que provoca que as parroquias limítrofes coa cidade estean moi urbanizadas, achegando a parroquia de Rutis 13.392 habitantes e a do Burgo 8.216 á poboación municipal no ano 2008. Estas parroquias están na súa meirande parte habitadas por xente moza que desenvolve as súas actividades profesionais na cidade da Coruña ou nos polígonos industriais das súas aforas. En cambio, as outras parroquias son semirrurais e a poboación está integrada por persoas de maior idade en proporción e, en moitos máis casos está dedicada ó sector primario. Dentro deste segundo grupo de parroquias cabe distinguir dous grupos, o formado por Almeiras e Culleredo, grandemente influenciados pola presenza do aeroporto de Alvedro e do polígono industrial do mesmo nome. Concentradas no sector secundario, a primeira, e nos servizos institucionais, como capital do municipio (en Tarrío, na parroquia de Culleredo), e no sector gandeiro, a segunda. Por outro lado todas as demais están orientadas cara ó sector primario, aínda que tamén sexa importante a presenza nelas de moitas segundas residencias de cidadáns da Coruña.

Infraestruturas e transporteEditar

En canto ás comunicacións, atravesan o municipio as autoestradas AP-9 (A Coruña-Santiago-Vigo-Portugal) e A-6 (Madrid-A Coruña); as liñas de tren a Santiago de Compostela, Madrid e Lugo; a N-550 A Coruña-Tui, a AC-400 Muros-Sigrás e a AC-211 San Pedro de Nós-A Pasaxe. Tamén ten o aeroporto de Alvedro no termo municipal.

Historia e culturaEditar

 
Torre de Celas de Peiro.

O Burgo de Faro, nome que recibía o concello nun principio, cobrou forza co traslado de moitos habitantes da Coruña que pretendían protexerse das incursións normandas. A prosperidade veu acompañada da instalación dos templarios e a construción de aceas por parte do mosteiro de Sobrado.

Afonso VIII ordenara repoboar a cidade da Coruña e o Burgo inicia o seu declive pasando a depender dos Andrade, conservándose unha das súas torres en Celas.

Patrimonio arqueolóxico e arquitectónicoEditar

Turisticamente este municipio ten interesantes espazos e edificios:

Conta con diversas rutas de sendeirismo organizadas polo Concello por todo o municipio, moitas veces temáticas. A destacar entre estas as dos muíños, as das fontes e as das panaderías.

SímbolosEditar

O concello ten como motivo principal do seu escudo a imaxe da ponte do Burgo, como queda definido na súa descrición: En campo de prata unha ponte de tres ollos a dúas augas de ouro, mazonado e perfilado de sable sobre ondas de azur e prata superado dunha cruz patada de goles acompañada a cada lado dunha vieira de prata perfilada de azur. Ao timbre coroa real pechada.[16]

Culleredo na cultura popularEditar

  • As nenas de Vilaboa / din que non beben viño, / pero debaixo do mantelo / levan o xarro escondido.[17]
  • Cheguei ó alto do Castro, / e dei volta para atras,(sic) / adeus papeiros de Orro, / queiroeiros de Morás.[17][18]

Política e gobernoEditar

Dende 1983 o seu alcalde foi Julio Sacristán, que gobernou de forma continua ata a súa retirada o 26 de outubro de 2017, día no que presentou a súa renuncia por motivos persoais.[19] Foi substituído por José Ramón Rioboo o 7 de novembro de 2017.[20]

Galería de imaxesEditar

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Culleredo

Almeiras (San Xián) | O Burgo (Santiago) | Castelo (Santiago) | Celas (Santa María) | Culleredo (Santo Estevo) | Ledoño (San Pedro) | Orro (San Salvador) | Rutis (Santa María) | Sésamo (San Martiño) | Sueiro (Santo Estevo) | Veiga (San Silvestre)

Lugares de CulleredoEditar

Para unha listaxe completa de tódolos lugares do concello de Culleredo vexa: Lugares de Culleredo.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Culleredo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. Concello de Culleredo na FEGAMP
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Dicionario de pronuncia da lingua galega da USC
  9. 9,0 9,1 IGE. "Información municipal de Culleredo". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2010. 
  10. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 47. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  11. 11,0 11,1 Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842. Municipio: 15031 Culleredo. Información do INE. (en castelán)
  12. Madoz, Pascual (1847), «Culleredo», Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, tomo VII, Madrid: Est. Tipográfico-Literario Universal, p. 283(en castelán)
  13. 13,0 13,1 Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos. 15031 Culleredo. Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine. Información do IGE.
  14. La torre de Celas de Peiro Arquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Castillo López, Ángel del, Boletín nº75, 1913, RAG.
  15. Ponte do Burgo, páxina na web do concello
  16. Decreto 423/2009, do 12 de novembro, polo que se aproba o escudo do Concello de Culleredo, A Coruña.
  17. 17,0 17,1 Portal de ditados tópicos galegos. Lugar de referencia:Culleredo. USC
  18. A queiroa era usada antigamente para acender o lume na lareira. Ata o primeiro cuarto do século XX, a xente de Morás recollía a queiroa para vendela na Coruña, de aí ven o alcume de queiroeiros. Portal de ditados tópicos galegos. Lugar de referencia:Culleredo. USC
  19. Julio Sacristán abandona la Alcaldía tras 33 años y la dirección provincial del PSOE
  20. José Ramón Rioboo, elegido alcalde de Culleredo tras la dimisión de Sacristán Arquivado 14 de decembro de 2017 en Wayback Machine. 07.11.2017

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar