Julio Sacristán de Diego

político español

Julio Sacristán de Diego, nado en Valladolid o 11 de outubro de 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE.[1]

Julio Sacristán de Diego
Julio Sacristán de Diego
Julio Sacristán de Diego na Primeira Festa do Cocido do Burgo no 2012.


Alcalde de Culleredo
23 de maio de 1983 – 26 de outubro de 2017
Precedido por Domingo Sierra Marcuño
Sucedido por José Ramón Rioboo

Datos persoais
Nacemento 11 de outubro de 1953 Valladolid
Partido PSdeG-PSOE
Profesión Profesor

Traxectoria editar

Profesor na antiga Universidade Laboral Cruceiro Baleares, de Culleredo (1972-1985). Desenvolveu a actividade sindical en CCOO ata 1981. Foi presidente da Sociedade Cultural do Burgo (1976-1983). Ingresou no PSdeG-PSOE en 1982. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG á alcaldía de Culleredo e foi elixido alcalde con maioría simple. Foi reelixido con maioría absoluta en 1987, 1991, 1995, 1999 e 2003, perdendo a maioría absoluta en 2007 (tras sufrir unha escisión, APDC) e formando unha coalición co BNG que revalidou en 2011. En 2013 logrouse o reingreso de APDC no PSdeG, polo que os socialistas recuperaron a maioría absoluta no pleno e romperon o pacto co BNG. Foi elixido Secretario Provincial do PSdeG na Coruña tras gañalas primarias de novembro de 2014. No 2015 o PSdeG logrou un concelleiro máis, pero non conseguiu a maioría absoluta, ante o cal gobernou en minoría con apoios puntuais. O 26 de outubro de 2017 presentou a súa dimisión como alcalde e Secretario Provincial socialista por motivos persoais[2]. Tamén foi membro da Executiva da FEGAMP e presidente do Consorcio das Mariñas.[1]


Predecesor:
Domingo Sierra Marcuño
  
Alcalde de Culleredo
 
23 de maio de 1983 - 26 de outubro de 2017
Sucesor:
José Ramón Rioboo
Predecesor:
Francisco Caamaño
  
Secretario Provincial do PSdeG da Coruña
 
2014 - 2017
Sucesor:
Valentín González Formoso

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar