Xardín Botánico Ría do Burgo
O Xardín Botánico Ría do Burgo e Aula da Natureza Juan Lembeye, é un xardín botánico duns 50.000 m² de extensión, pertencente ó concello de Culleredo.
Xardín Botánico Ría do Burgo | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | xardín botánico ![]() | |||
Epónimo | Juan Lembeye ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Culleredo | |||
Parroquia | O Burgo ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Localización
editarAtópase no paseo marítimo do Burgo en Culleredo, á beira da ría do Burgo, na provincia da Coruña.
Coleccións
editarNo Xardín Botánico atópanse unha gran variedade de especies autóctonas e tamén se recrea un xardín ó estilo dos pazos galegos. Noutras parcelas proxectáronse pequenos xardíns tradicionais de distintas partes do mundo. Dispón tamén dun invernadoiro, un pequeno parque infantil e unha pequena lagoa que se enche coa subida da marea xa que está conectada á ría.
No seu interior está a Aula da Natureza que é utilizada para diferentes actividades como exposicións, concertos, diferentes cursos de temática medioambiental etc.
Galería de imaxes
editar-
Cruceiro no xardín botánico.
-
Lateral do edificio do xardín botánico.
-
Olivas no xardín botánico.
-
Regato no xardín botánico.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xardín Botánico Ría do Burgo |