Ledoño, Culleredo
San Pedro de Ledoño[1] é unha parroquia do sur do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 277 habitantes (131 mulleres e 146 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 259 habitantes.
Ledoño | |
---|---|
Vista xeral do centro de Ledoño. | |
Concello | Culleredo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′18″N 8°23′19″O / 43.288333333333, -8.3886111111111 |
Poboación | 292 hab. (2020)[2] |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarEstá situada no val de Veiga e as súas terras están bicadas polo río Valiñas e que nace nas inmediacións da aldea de Vista Alegre, xa no concello da Laracha. O monte de Ledoño é o monte Picoto, que xorde como linde natural coa parroquia de Orro (San Salvador).
Ledoño é unha das máis cativas parroquias do concello de Culleredo, tanto en extensión como en número de habitantes. As vías de comunicación son, a estrada que une Vilaboa coa capital municipal e continúa deica Peiro de Arriba (Celas de Peiro, Sta. María); a AC-523, situada ao sur da parroquia, que une a A-6 e Meirama, Cerceda; e a autoestrada A-6 (A Coruña-Madrid), ao norte. Recentemente desapareceu o ferrocarril, co percorrido entre A Coruña e Santiago, mais estase a falar de recuperar as vías para transporte de mercadorías.
Economía
editarA maior parte dos veciños de Ledoño teñen as súas ocupacións fóra da aldea, e os que traballan alí, fano, en inmensa maioría, dedicados á terra. Aínda que, dende a construción do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo, algúns habitantes traballan noutros sectores diferentes do primario e sen saíren do lugar.
Sociedade
editarA parroquia de Ledoño conta cunha escola de Educación Infantil, na que reciben as súas primeiras clases arredor dunha ducia de meniños e meniñas da aldea e os arredores. As idades destes nenos están entre os tres e os seis anos. A esta idade adoitan trasladarse á escola de Primaria de Culleredo, sita no lugar de Tarrío.
A sociedade ledoñesa ten un lugar de encontro habitual dende hai décadas, que é o Centro Social Ledoñés, situado no centro da aldea, e que adoita organizar festas, cursos, actividades e outros eventos durante todo o ano, moitos deles, en colaboración co concello de Culleredo.
Festividades e tradicións
editarLedoño celebra as súas festas na honra de San Pedro, o seu patrón, e a Virxe do Carme a primeira fin de semana despois do 16 de xullo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Ledoño
editarLugares da parroquia de Ledoño no concello de Culleredo | |
---|---|
A Carabela | Currás | Fontaíñas | Ledoño | O Monte do Couso | Santa Marta |