Río Valiñas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
O río Valiñas é un curso fluvial galego.
Valiñas | |
---|---|
![]() | |
País | Galicia |
Nacemento | Vista Alegre, Soandres (A Laracha)[1] |
Lonxitude | 12 km |
Conca | 36,3 km² |
Caudal medio | n/d |
Desembocadura | Río Mero (case na ría do Burgo) |
CursoEditar
Nace preto do lugar de Vista Alegre, no concello da Laracha.[1] Logo transcorre polo concello de Culleredo, onde forma o Val de Veiga, e Cambre, formando linde entre os dous ata desembocar no río Mero, na Telva,[1] xa practicamente na ría do Burgo. Na parroquia de Veiga, no concello de Culleredo, únese coas augas de dous regatos procedentes da zona do monte Xalo, o rego do Castelo e o rego da Cruz[2], co que forman un caudal considerable.
No seu curso baixo está moi contaminado por motivo da industria construída na súa ribeira e da poboación existente nas inmediacións. No curso medio, e máis ben no curso alto ten unhas condicións non tan degradadas, pero segue recibindo contaminación procedente do mal saneamento dos lugares que están ó seu carón, como por exemplo en Ledoño e Sésamo.[Cómpre referencia]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Instituto Geográfico Nacional de España. "Iberpix. Buscar Vilar da Fraga, A Laracha." (Mapa). Cartografía do Instituto Geográfico Nacional de España. Consultado o 04/07/2019.
- ↑ Visor SixPac da Xunta de Galicia