Vilaboa, Rutis, Culleredo
lugar da parroquia de Rutis, no concello de Culleredo, Galicia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilaboa (homónimos).
Vilaboa é un lugar da parroquia de Rutis no concello coruñés de Culleredo na Comarca da Coruña. Vilaboa é o núcleo principal da parroquia de Rutis. Tiña 3152 habitantes no ano 2016 segundo datos do INE dos cales 1509 eran homes e 1643 mulleres.
Vilaboa | |
---|---|
![]() Vista de Vilaboa en 2013. | |
Parroquia | Rutis |
Concello | Culleredo |
Poboación | 3152 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Esténdese ao longo do percorrido da estrada N-550 desde o núcleo da Corveira até o aeroporto de Alvedro.Existen probas do seu poboamento desde a época romana. Actualmente experimenta un acusado desenvolvemento urbano.
TopónimoEditar
Un escrito de 1186 cita ao lugar como Villam Bonam[1]:
illas zenias quas fecistis iuxta Burgum de Faro in rivulum qui discurrit iuxta Villam Bonam.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de RutisEditar
Lugares da parroquia de Rutis no concello de Culleredo | |
---|---|
Acea de Ama | Castro | Conduzo | Cordeda | A Corveira | Fonteculler | A Laxe | O Portádego | Vilaboa |