Castelo, Culleredo

parroquia civil do concello de Culleredo

Santiago de Castelo[1] é unha parroquia localizada no sueste do concello de Culleredo, marcadamente rural. Segundo o IGE en 2016 tiña 280 habitantes (143 mulleres e 137 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 329 habitantes.

Castelo
Hórreo en Vilaverde
ConcelloCulleredo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°17′18″N 8°23′19″O / 43.288333333333, -8.3886111111111Coordenadas: 43°17′18″N 8°23′19″O / 43.288333333333, -8.3886111111111
Poboación264 hab. (2020)[2]
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Situación editar

Castelo sitúase ao carón do Monte Xalo (sendo a entrada a este cumio pola súa vertente de Culleredo) e do núcleo urbano do concello de Carral; ademais de lindar coa parroquia cullerdense de Celas de Peiro e tamén coa parroquia carralesa de Tabeaio.

Economía editar

As actividades económicas principais da parroquia son a agricultura e a gandería de autoabastecemento, minoritariamente representativas entre a poboación, traballando a meirande parte dos seus veciños fóra do lugar.

Patrimonio editar

  • Igrexa de Santiago de Castelo, reproduce a tipoloxía das igrexas rurais erixidas durante os séculos XVII e XVIII.
  • Capela de San Ramón, erguida no lugar onde existiu unha dedicada á Virxe do Vao.

Festas editar

Castelo vén celebrando dúas festas patronais anuais, reunindo varias das características das festas patronais galegas: dianas e alboradas, misas solemnes, verbenas etc.

  • Festas de Santiago Apóstolo: varios días de festexos en torno ao 25 de xullo, festividade de Santiago Apóstolo.
  • Festas de San Ramón: nos últimos anos celébranse o último venres, sábado e domingo do mes de agosto; sendo o venres o día grande dos festexos, onde destaca a celebración dunha gran churrascada popular.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Castelo editar

Lugares da parroquia de Castelo no concello de Culleredo

Castelo de Abaixo | Castelo de Arriba | Donepedre | Folgueira | Vilaverde | Xalo | Xián

Parroquias de Culleredo editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Culleredo

Almeiras (San Xián) | O Burgo (Santiago) | Castelo (Santiago) | Celas (Santa María) | Culleredo (Santo Estevo) | Ledoño (San Pedro) | Orro (San Salvador) | Rutis (Santa María) | Sésamo (San Martiño) | Sueiro (Santo Estevo) | Veiga (San Silvestre)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  • FestasCastelo.com: web sobre as festas patronais de Castelo.
  • CasteloDeporte.org: web da Asociación Castelo Deporte, entidade xuvenil sen ánimo de lucro con sede en Castelo que fomenta o deporte e a cultura rural entre a mocidade.