Rutis, Culleredo
parroquia civil do concello de Culleredo
Santa María de Rutis[1] é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 14.291 habitantes (7.333 mulleres e 6.958 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 9.419 habitantes.
Rutis | |
---|---|
Fonteculler en Rutis. | |
Concello | Culleredo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′18″N 8°23′19″O / 43.288333333333, -8.3886111111111 |
Poboación | 14.958 hab. (2020)[2] |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Rutis é a parroquia máis urbanizada de Culleredo, pola súa proximidade á Coruña, facendo ás veces a función de cidade dormitorio.
Lugares e parroquias
editarLugares de Rutis
editarLugares da parroquia de Rutis no concello de Culleredo | |
---|---|
Acea de Ama | Castro | Conduzo | Cordeda | A Corveira | Fonteculler | A Laxe | O Portádego | Vilaboa |