Abrir o menú principal

Santiago de Sigrás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 1.482 habitantes (726 homes e 756 mulleres). A parroquia ten 17 lugares.

Sigrás
Igrexa de Santiago de Sigrás, Cambre.jpg
Igrexa de Santiago de Sigrás.
Parroquia de Sigras no concello de Cambre.png
ConcelloCambre
Poboación1.482 hab. (2016)
Entidades de poboación17

Índice

HistoriaEditar

En Sigrás había unha tradición téxtil arraigada, existiron fábricas de fiados e practicamente en todas as casas había un tear. No século XIX houbo tamén fábricas de pintados de algodón e liño.

Sigrás é o lugar de nacemento de María Pita.

Sigrás na cultura popularEditar

A igrexa parroquial de Sigrás aparece na serie Matalobos como a igrexa parroquial de Sardiñeira.

  • Aprendín de carpinteiro/ na aldea de Sigrás;/ a facer cangas ós cochos/ e caravillas ós cas.
  • Na miña vida tal vin/ na aldea de Sigrás/ unha cadela con pitos/ unha galiña con cas.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar