Cela, Cambre

parroquia civil do concello de Cambre

San Xulián de Cela[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cambre. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 511 habitantes (241 homes e 270 mulleres). A parroquia ten 7 lugares.

Cela
Pazo de Cela (s. XVII).
ConcelloCambre[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°17′25″N 8°19′54″O / 43.2903, -8.3316
Poboación511 hab. (2016)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Situación

editar

Está situada á dereita do río Mero, sobre o que posúe unha ponte; linda con Pravio ao norte, con Cecebre e Bribes ao leste, con Brexo ao sur e con Cambre ao oeste.

Historia

editar

Por Cela pasaba a vía romana co percorrido de Cambre a Brexo.

Na aldea atopamos o Pazo de Cela do século XVII.

Cultura

editar

Topónimo

editar

Cela é un topónimo latino que se refire a un mosteiro ou habitación.[2][3]

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Cela

editar
Lugares da parroquia de Cela no concello de Cambre (A Coruña)

A Igrexa | O Outeiro | A Patiña | A Pena | A Ponte de Cela | O Rueiro | O Souto

Parroquias de Cambre

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cambre

Anceis (San Xoán) | Andeiro (San Martiño) | Brexo (San Paio) | Bribes (San Cibrán) | Cambre (Santa María) | Cecebre (San Salvador) | Cela (San Xulián) | Meixigo (San Lourenzo) | Pravio (San Xoán) | Sigrás (Santiago) | O Temple (Santa María) | Vigo (Santa María)

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Cabeza Quiles, F. (2000). Os nomes da terra. Noia: Toxosoutos. 
  3. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar