Sable é unha cor en heráldica que se corresponde coa cor negra.[1]

O termo sable procede da palabra alemá Zobel, utilizada para nomear á marta negra ou cibelina.

Representación

editar

Corresponde cun negro intenso.

Cando se trata dun escudo gravado, represéntase por medio dunha trama reticular de liñas horizontais e verticais.

Significado

editar

Este esmalte representa á prudencia, tristeza, rigor, honestidade, e obediencia, segundo diversos libros que falan do tema da heráldica.