Bernardo Máiz
historiador galego
Bernardo Máiz Vázquez, nado en Ferrol o 12 de maio de 1950[1], é un historiador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1950 (74 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Traxectoria
editarLicenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1973, e Doutor en Historia Contemporánea (Zaragoza, 1984) coa tese titulada "1936-1964. A esquerda militante en Galicia". Membro fundador do colectivo "Memoria Histórica Democrática".[2] Foi profesor de secundaria e catedrático no IES Concepción Arenal de Ferrol (1976-2010).
É veciño do Seixo, Mugardos.
Obra
editarEnsaio
editar- Galicia na II República e baixo o franquismo (1988, Xerais).
- Memoria-catálogo das publicaciones galegas antifranquistas (1989, Ediciós do Castro).
- Nautilus (1892-1894) (1994, Xerais).
- As embarcacións de pasaxe nas rías galegas (1573-2000) (2001, Xerais).
- Resistencia, guerrilla e represión. Causas e Consello de Guerra, Ferrol 1934-1955 (2004, A Nosa Terra).
- É de xustiza : Homenaxe ás Corporacións da II República. (2006, Concello de Fene).
- O marco lexislativo represivo do franquismo, 1959‐1978. (2007, Fundación Galiza Sempre).
- Castelo de San Felipe: cárcere e morte (2010, Edicións Embora).
- O Seixo, na Outra Banda da banda de Ferrol (2015, Edicións Embora)
- Amada García e os seus arredores (2017, Edicións Embora)
Narrativa
editar- Relato premiado no 7º concurso de narración curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (1982, Ediciós do Castro).
Obras colectivas
editar- O pensamento galego na historia. Aproximación crítica (1990, Univ. de Santiago de Compostela)
- A Resistencia Antifranquista na Comarca de Ordes. Manuel Ponte Pedreira (1997, Asociación Cultural Obradoiro de Historia de Ordes). Con Manuel Pazos Gómez.
- Unha ollada darredor do 98 (1998, Concello de Ferrol).
- Indianos. A arquitectura da emigración na península de Bezoucos (2000, COAG).
- Achegamento á Segunda República en Ordes: documentos (2001, Asociación Cultural Obradoiro da Historia). Con Emilio Grandío Seoane e Manuel Pazos Gómez.
- Ferrol. Siglo XX (2002, Voz de Galicia editora).
- O sindicalismo nacionalista galego (1972-1982) (2003, CIG). Con Bieito Alonso.
- 75 anos da II República (2006, monográfico da revista Cátedra de Pontedeume).
- Historia do instituto "Concepción Arenal" (I) (2007, Embora).
- Tendendo cabos. Vigo: Museo do Mar de Galicia, (2008, Cons. de Cultura).
- As embarcacións tradicionais: do Arco Ártabro a Ribadeo (2009, Embora). Con Enrique Freire.
- Xuntos por Galicia.A Asemblea de Concellos de 1932 e o Estatuto de Autonomía de Galicia. (2009 CSIC).
- A Galicia de Bóveda. Pontevedra (2009, Difusora de Letras, Artes e Ideas)
- Síntese histórica do movemento obreiro galego: das orixes até 1984 (2010, Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza).
- Ecos dun tempo. (2010, Andavira editora)
- A Unión Mugardesa de Instrucción (1910-2010) (2011, Deputación da Coruña)
- Embarcacións tradicionais. Galicia. Pasado e presente. (2013, Zaera/Silvar)
- Homenaxe a Ferrol Vello (2015, Edicións Embora).
- Os barcos do exilio (2015, Casa da Gramática).
- Represión franquista e memoria histórica (2016, Instituto Galego de Historia)
- Os nomes do terror (2017-2018, Sermos Galiza, 3 edicións)
- Guerras de Cuba: reclututamento, prófugos, mutilados, desertores, combatientes (2019, Cátedra, Revista eumesa de estudios)
- Memoria histórica do barrio de Canido (2019, Edicións Embora).
- Hei de entrar no meu povo: reivindicarmos Carvalho Calero (2019, Edicións Embora)
- (Coor) O Carballo que fun en Ferrol: aproximación a Ricardo Calero (2010, Club de Prensa de Ferrol / Xunta de Galicia)
Premios
editar- VII Concurso Modesto R. Figueiredo, polo relato ¿Pra qué dilatar a sua anguria?.
- Premio Manuel Murguía ó labor e mérito historiográfico. Asociación Galega de Historiadores, 2010[3]
Notas
editar- ↑ "«Amada García foi vítima, tristemente, da cruel intolerancia dos sublevados»". La Voz de Galicia. 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ "BVG". Consultado o 21-06-2017.
- ↑ "Revista Murguía". Consultado o 21-06-2017.