Premio Modesto R. Figueiredo

O Premio Modesto R. Figueiredo é o nome que recibe o Certame Nacional de Narracións Breves convocado pola Fundación do Padroado Pedrón de Ouro desde 1975 para textos en lingua galega dun máximo de trinta páxinas, na actualidade o premio está dotado con 1000 euros, podendo concederse dous accésits de 240 euros. Outorgouse pola vez primeira en 1975 co nome de Concurso de Narracións Curtas Pedrón de Ouro pero a morte do seu patrocinador, Modesto Rodríguez Figueiredo vicepresidente do Pedrón de Ouro motivou que o premio adoptase o seu nome desde a terceira edición en 1977.

O Premio é un dos máis importantes do panorama literario galego que nas dúas primeiras edicións da convocatoria (1975 - 1976) premiou a destacados escritores como Xoán Ignacio Taibo, Xavier Alcalá, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xavier Rodríguez Barrio, Xosé Manuel Martínez Oca e Carlos Durán.

Posteriormente serviu para dar a coñecer a autores que contribuíron á renovación da literatura galega como Suso de Toro, Tucho Calvo, Carlos G. Reigosa, Antón Cortizas ou Ramiro Fonte.

Gañadores

editar
Ano Gañador/a Accésits / 2º e 3º premio
1975 Xoán Ignacio Taibo, A enquisa Xosé Luís Méndez Ferrín: Sibila
Xosé Manuel Martínez Oca: Un home no curral
Carlos Durán: O internado
1976 Xavier Alcalá: A fundición Xosé Manuel Martínez Oca: No fondo do espello
Xavier Rodríguez Barrio: Cheraron as chuvias
Xoán Ignacio Taibo: O leito (esbozo para unha historia que nunca existiu)
1977 João Guisan Seixas: Número de patente Anxo Rei Ballesteros: Querido Brais
Xosé Manuel Martínez Oca: A figueira
1978 Xosé Manuel Martínez Oca: A negra (ex-aequo)
Víctor Fernández Freixanes: A caza das cascudas (ex-aequo)
Xaime Félix López Arias: As augas toldas
Manuel Riveiro Loureiro: Terra sequeira
1979 Xoán Ignacio Taibo: Pacífico sul Xoán Ignacio Taibo: Saga dos mil e un mortos
Xosé Ramón Díaz Sánchez: A confesión de Ramón Fandiño (historias do Teixo, bandido galego)
Román Raña: Botella náufraga
1980 Lourenzo Álvarez Ruíz: RATP C. García Gonçalez-Duro: Perdidos nos confíns da noite
Tucho Calvo: Parados
1981 Tucho Calvo: A gran novela (ex-aequo)
Xosé Manuel Martínez Oca: Noite de luar (ex-aequo)
Lourenzo Álvarez Ruíz: O home pequeno (accésit)
Carlos G. Reigosa: O tesouro de Petro Xesto (accésit)
Miguel Suárez Abel: O fillo de Serafín (accésit)
Miguel Anxo Fernán-Vello: Antimemoria dun día (finalista)
Bernardo Maiz: ¿Pra que dilatar a súa anguria? (finalista)
Manuel Riveiro Loureiro: O pau (finalista)
1982 Miguel Suárez Abel: O quiquiriquí Xelís de Toro: De 10 a 11
Darío Xohán Cabana: A invasión
Margarita Ledo Andión: Rematado a man
1983 Antón Castro: Vida infame de Tristán Fortesende Manuel Riveiro Loureiro: As trazas do demo
Xoán Bernárdez Vilar: Homo sapiens
1984 Amancio Liñares Giraut: Nun cuarto para agardar (ex-aequo)
Román Raña: O último hexagrama (ex-aequo)
Carlos G. Reigosa: Cantar sen xesta de Lanzarote do lago
Antón Castro: Destino de lumia
Manuel Riveiro Loureiro: Grabación da volta a Galiza, dende o Pazo de Raxoi
1985 Miro Villar: Augas de silencio Anxos Sumai: Relembranzas con Palmira e Banana Split
Manuel Riveiro Loureiro: Meirama
Xosé Manuel Fernández Castro: Segrel Charles, o asombrador
1986 Antón Rodríguez Castro: O xardín despois da chuvia Miguel Suárez Abel: A alemana
Manuel Iglesias Nimo: O enterro de Mambrú
Ramiro Fonte: O retornado
1987 Miro Villar: Verbas cruzadas con Amaranta Manuel Riveiro Loureiro: O troco
Miguel Sande: Isadora en ti
1988 Bieito Iglesias: Luanda (ex-aequo)
Xosé Miranda: Na terra sombría (ex-aequo)
Isidro Novo: O areal dos ollomaos
Víctor Campio Pereira: ¡Alucinado!
1989 Manuel Riveiro Loureiro: Vindo de volta (ex-aequo)
Xan Frenla: Conto do diluvio (ex-aequo)
Xosé Miranda: Lambirón
Antón Cortizas: A velida
Xosé Paulo Antelo Rodríguez: A longa ausencia da sirea
1990 Xoán Piñeiro Cochón: A liga dos Lambetas Manuel Lourenzo González: O xardín onde repousa o vento
Xosé Cermeño: Non te chamarei Ramón
Ramón Nicolás: O caravel murcho
Xoán Ignacio Taibo: Libélulo cabálulo do demo
Luísa Villalta: A taberna do holandés
1991 Helena Villar Janeiro: O cadro Antón Riveiro Coello: A musa itinerante
Isidro Novo: Ó sur do arrabaldo
Lino Braxe: Anatomías
Manuel Iglesias Nimo: O mar despóis da neve
1992 Isidro Novo: A pin up de Beautiful Street Isidro Novo: Primeira plana
Francisco Antonio Vidal Blanco: A espiral da fortuna
Camilo Pardo López: Rosas polas veas
Manuel Iglesias Nimo: Clave de sombra
1993 Xosé Luís Santos Cabanas: Ahoulouuuu..! Manuel Iglesias Nimo: Esquecer Bohemia
Xosé Manuel Carballo Ferreiro: Vida e historia de Celestino Rocamonde O bruxo de Lavañou
1994 Manuel Riveiro Loureiro: O coxo da Gamboa Xoán Ignacio Taibo: Don Ninguén (2º premio)
Xesús Manuel Marcos López: Aliados solitarios (3º premio)
1995 Antón Riveiro Coello: Bruca Manigua Antón Riveiro Coello: A morte esquecida (2º premio)
Inma López Silva: Fondo gris sobre galo negro (3º premio ex-aequo)
Francisco Antonio Vidal Blanco: As voces da conciencia (3º premio ex-aequo)
1996 Xosé Antón Moreno: As xeiras de don Xoán Xosé Antón Moreno: Como un deus bo (2º premio)
Manuel Blanco Rivas: A lealdade do Capitán Milos (3º premio)
Xosé Antón Moreno: Poñendo ladrillos (accésit)
1997 Antón Riveiro Coello: Sete traxes Alfonso Álvarez Cáccamo: A meritoria cortesía de Edón de Cidalia (2º premio)
Xosé Vázquez Pintor: A entrega (3º premio)
1998 Rosa Aneiros: A eidosa que izaron as bandeiras (ex-aequo)
Luís González Tosar: Catro dedos por debaixo do embigo (ex-aequo)
Inma López Silva: Cartas que viñan de alén mar (2º premio)
Xaime López-Arias, O cuco rei (3º premio)
1999 Xosé Luís Álvarez Pérez: Marisol de outono Antón Lopo, Delirio
Manuel Pereira Valcárcel: Sobremesa
2000 Beatriz Dacosta: Na sombra da lúa Andrés Pociña: Lembranzas dun tempo
Emma Pedreira: A casa tomada
2001 Álvaro Lago: O crime de Pombal Andrés Pociña: Medea en Camariñas
Xosé Monteagudo: O engado do triángulo
Xosé Díaz Díaz: O Galbao
2002 Emma Pedreira: Os doces devorados Xosé Luís Vázquez Somoza: O río do esquecemento
Xosé Díaz Díaz: Lupanar
Xaime Domínguez Toxo: Están ardendo as serras orientais
2003 Xosé Luís Álvarez Pérez: De noite non reces aos ídolos
Xavier López Rodríguez: Fiordes
Andrés Pociña: O colar indio
2004 Agustín Agra: Os límites do inimaxinable Xosé Luís Vázquez Somoza: A Ponte Cabalar
2005 Francisco Castro: Ningún fascista morreu inxustamente Agustín Agra: Na Caeira
Francisco López-Barxas
2006 María Esther Fernández Carrodeguas: Subir o telón Begoña Paz Rey: O monstro no labirinto
César Carracedo Pose: A cota láctea
2007 Rubén Ceide Martínez: A caixa da costureira Alberto G. Aneiros: Esperado regreso (2º premio)
Manuel Quintáns López: Desartellados (2º premio)
2008 Iván García Campos: Unha casa chea de xanelas Alberto G. Aneiros: Un pintor malogrado (2º premio)
Chelo Suárez Muíños: Colleita de sombras (2º premio)
2009 Xoán Tallón: Era el Manuel Quintáns López: A movida (2º premio)
Fernando Lavandeira: Gaspar Gaspar (2º premio)
2010 Xosé Alfredo Naz Fernández: O Mal Xosé Alfredo Naz Fernández: A sombra da curuxa (1º accésit)
Clara Isabel Rodríguez: Retallos da memoria perdida (2º accésit)
2011 Amancio Liñares Giraut: Coreografía Obama Ledicia Costas: Frío azul (2º premio)
Xaime Toxo: Eco da afasia (2º premio)
2012 Miguel Anxo Martínez Oubiña: As casas baratas María Alonso Alonso: María a Lobiqueira
Alberto G. Aneiros: Contos dun representante artístico
2013 Cris Pavón: Cara a Tiananmen Square Clara do Roxo: Art Decó
Rubén Anido Regueiro: O cabaleiro, a dama e o dragón
2014 Eli Ríos: Remexido de patacas Antonio Piñeiro: Boxcar blues
César Carracedo: Gran Sol
2015 Adolfo Caamaño: Pinball do Pombal Diego Giráldez: Sagradas Escrituras
Lionel Rexes: Monsieur Bocskai
2016 Miguel Anxo Martínez Oubiña: A vinganza de Valdedeus Iris María Gey López: Cranios privilexiados
Emma Pedreira: Poder de alumear
2017 Ariadna Fernández González: Secuestro Lionel Rexes Martínez: O tempo dos pexegos
Xerardo Vidal: Vilaquinte
2018 José Carou: Afán e infortunio dos días estragados Miguel Anxo Martínez Oubiña: Serpes
Bibiana García Soto: A liberación tras a escuridade
2019 Estíbaliz Espinosa: 23 xeitos de inventar unha constelación Yolanda Ceide Calviño: Trinta minutos antes
Virxilio Rodríguez Vázquez: A primeira vista
2020 Adolfo Caamaño: Derradeiras paisaxes do Conde Esteban Brea Castro: Progresión en escala menor
Antonio Piñeiro: Áncora
2021 Nones Araújo: Paseniño... a desmemoria Mariña Pérez Rei: A pérfida gringa
Xosé Lois Rúa Núñez: O fado das marafonas