Adolfo Caamaño Vázquez

escritor galego

Adolfo Caamaño Vázquez, nado en Perdecanai (Barro) o 30 de decembro de 1959,[1] é un escritor galego que vive en Pontevedra.

Adolfo Caamaño Vázquez
Nacemento30 de decembro de 1959
 Barro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e profesor de ensino secundario
Xénerosnarrativa, infantil, poesía.
Coñecido/a porSoberano
Na rede
AELG: 113 Dialnet: 3194772
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou estudos de dereito na USC e de Ciencias Políticas na UNED. Durante o primeiro lustro da década dos 90 foi profesor substituto en varios centros de ensino secundario galegos. Desde 1997 exerce coma profesor de ensino secundario en Marín.[2] Colaborou en A Nosa Terra, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, as revistas Política Gallega e a Revista do Audiovisual Galego, no diario tras-montano Noticias do Barroso e Atlántico Diario, do que foi correspondente rural na bisbarra de Caldas de Reis, Moraña, Cuntis e Barro. Tamén foi co-fundador da revista de creación literaria pontevedresa Hidromel. Viviu en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Barcelona e Santa Cruz de Tenerife, e traballou na hostalería en San Cristóbal de La Laguna. Tamén desempeño labores de guía turístico por toda a costa mediterránea española a comezos da década de 1990.[3]

A finais da década de 1980 e comezos da dos 90, en colaboración con Manuel Busto, Luís Martínez-Risco Daviña, Isaac Alonso Estraviz e Antonio Fontes, foi co-organizador da Gallaecia, ciclos de conferencias de temática variada e de exposicións de pintores e escultores galegos e portugueses desenvolvidos en Ourense, Verín, Xinzo de Limia, Celanova, e na Rexión do Norte de Portugal: Montalegre (Alto Trás-os-Montes), Vila Pouca de Aguiar, Ribeira de Pena, Vila Real, Porto. Por esta experiencia de iniciativa cultural galego-portuguesa participou nos grupos de traballo dos programas Interreg (da Comunidade Europea) para a posta en marcha no eido cultural da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.[3]

Obras editar

Poesía editar

Narrativa editar

  • Soberano (2004). Edicións A Nosa Terra. 232 páxs.
  • Sentidos da vida (2004). La Voz de Galicia.
  • Cris Canalla: o instinto da liberdade (2009). A Nosa Terra. 122 páxs.
  • Ten ollos o mar (2013). Revista Grial. Nº 197. Páxs. 91-93.
  • Matar o heroe (2019). Editorial Galaxia. 444 páxs.[4][5][6]

Literatura infanto-xuvenil editar

Obras colectivas editar

  • O trazo aberto, 2002, Deputación de Pontevedra.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
  • O carballo de Santa Margarida. 2007. Caixanova-Concello de Pontevedra.
  • Pontevedra Literaria (antoloxía). 2007. Caixa Galicia-Concello de Pontevedra.
  • Bonaval, 2008. Edicións do Cumio (Modesto R. Figueirido, Fundación Pedrón de Ouro).
  • Maregrafías (Anxo Cabada). 2008. Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Deporte,
  • O Carballo do Pelete. 2011. Deputación de Pontevedra.
  • A gueixa no bosque de bambú. (A garza insomne), 2016. Galaxia.
  • Que non chova nin a gusto de todos, Acuamag, 2017. Fundación Acuorum (Gran Canaria).
  • Elexía dos Aléns (XII Anos de Andaina do Premio de Poesía María Mariño. Asociación Teenses pola Igualdade). Editorial Medulia, 2019

Curtametraxe editar

  • Sentidos da vida. Baseada no relato do mesmo título publicado en La Voz de Galicia (2004), dirixida por Sara Casal.[8].

Premios editar

Notas editar

  1. "Adolfo Caamaño". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-08. 
  2. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-11-08. 
  3. 3,0 3,1 "Adolfo Caamaño". www.aelg.gal. Consultado o 2019-11-08. 
  4. "Matar o heroe". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-11-08. 
  5. "O escritor Adolfo Caamaño presenta 'Matar o heroe' no Museo de Pontevedra". Pontevedra Viva. Consultado o 2019-11-08. 
  6. Monteagudo, Xosé (Xaneiro-xuño, 2020). "Tour de Force". Grial. LVIII (225, 226): 71–72. ISSN 0017-4181. 
  7. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-11-08. 
  8. Realizada por alumnos do IES Audivisual de Vigo e interpretada por alumnos da ESAD. 2015. A curta foi premiada coa Ostra de Pedra á mellor produción.
  9. Redacción (2018-11-25). "Adolfo Caamaño gaña o primeiro premio de novela Vilar Ponte con 'Matar o heroe'". Xornal da Mariña. Consultado o 2019-11-08. 
  10. Redacción. "Adolfo Caamaño gaña o VII Certame de poesía Manuel María". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-25. 
  11. "Adolfo Caamaño gana el premio Modesto Figueirido de narración fallado en Silleda". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-03-06. Consultado o 2021-03-07.