O Valadouro

concello da comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo

Coordenadas: 43°21′49″N 7°28′30″O / 43.36361, -7.47500

O Valadouro é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 2.069 habitantes (2.233 no 2006, 2.268 no 2005, 2.305 no 2004, 2.328 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valadourés».

O Valadouro
Escudo do Valadouro
Capela de Santa Filomena do Cadramón, O Cadramón, O Valadouro.jpg
Capela de Santa Filomena do Cadramón.
Situacion O Valadouro.PNG
Situación
Xentilicio[1]valadourés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Mariña Central
Poboación1.938 hab. (2022)[2][3]
Área110,5 km²[3]
Densidade17,54 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias[4]
Capital do concelloFerreira
Política (2019[5])
AlcaldeEdmundo Maseda (PSdeG [6])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 4
Outros: UDIVAL 1
Eleccións municipais no Valadouro
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes86,89%
Na rede
valadouro.org
editar datos en Wikidata ]

Historia e patrimonioEditar

Os restos humanos máis antigos pertencen ao paleolítico.

O sitio arqueolóxico de Chao da Cruz atópase na chaira do Cabalar-A Veiga Rubia, ao pé do couto do Cadramón. Nel atopáronse uns dous mil utensilios de soporte tipo lasca de cuarzo, cuarcita e cristal de rocha, así como núcleos sobre canto e prisma e abundantes restos de talla, de reducidas dimensións e apenas retocados.

O das Penas do Carballido atópase no campo do Carballido, preto de Ferrocente. Nel atopáronse 52 útiles sobre lasca de cuarzo, cristal de rocha, sílex e cuarcita.

NeolíticoEditar

Do neolítico consérvanse diversas mámoas.

A Casa dos Mouros, en Budián, está moi mal conservada, e conta con dous esteos verticais. Outra das pedras foi movida cara ao fondal do cercado, onde está chantada. A arca da Pena Moura, situada en Budián, non conserva a pedra cobertora. O Forno dos Mouros, situada nos Chaos, na parroquia do Cadramón, conserva tres lastras verticais e outra soterrada, pero non a cobertora. A mámoa do Chao das Forcadas mantén a carcasa de pedras de forma circular e o cono de violación. A arca das Forcadas conserva dous esteos, coa cobertora movida. A arca do Carballo Seco ten tres esteos, dous deles cun ángulo recto moi ben trazado; a pedra cobertora está movida. O dolmen de Ramasquide conserva dous esteos verticais e a cuberta, cunha pedra natural pechando o fondo; o chan da cámara tamén ten pedra. A arca do Padorno, tamén é chamada dolmen de San Tomé, do Chao do Padorno, mámoa do Curro ou Caselo de Couso, por estar situada no Cortello de Couso, posúe unha cámara funeraria, formada por catro esteos, e a cuberta, en forma de pequena elevación artificial do terreo; nela acháronse 20 fragmentos de cerámica lisa e unha lasca de cuarzo. No Chao da Arca hai un conxunto de tres mámoas: unha delas, con cono de violación, conserva tres esteos verticais e unha pedra máis no fondo da cámara; as outras dúas están ben conservadas. No Coto do Carballo hai dúas mámoas, outras dúas no Campo de Chaos, 3 en Sabucedo, outra en Vilacampa, e outra na Granda.

Idade de BronceEditar

Da idade de Bronce consérvase unha cruz ou estela antropomorfa, coñecida como o Pau da Vella. É unha cruz exenta, de factura basta, dunha soa peza, case plana, cos brazos apenas realizados.

Cultura castrexaEditar

Da cultura castrexa consérvanse numerosos poboados castrexos, como o castro de Lagoa, o de Recaré, San Tomé e Castro de Ouro, de Bacoi, Santa Cilla, Budián e Santa Cruz.

Da primeira época consérvanse as Brosas de Recaré e o caldeiro do Chao de Currás. Este caldeiro de bronce foi atopado en 1871 por José Villaamil Castro. De forma cónica, está formado por láminas de bronce batido remachadas na súa unión e dúas argolas de latón que suxeitaban a asa. Ten ornamentos representando espirais e porcións de círculos concéntricos. Ten 30 cm de diámetro na boca, pouco menos no fondo e algo máis de altura.

Posteriores son tres torques de ouro. Da posterior romanización consérvanse moedas e cerámica.

Idade MediaEditar

Durante a Alta Idade Media a zona seguiu organizada por tribos, adicada ó pastoreo cunha agricultura rudimentaria. O territorio estivo vencellado á diocese de Britonia, asentada no norte da provincia de Lugo.

No século XV estivo recluído o mariscal Pardo de Cela na fortaleza do Castro.

No século XIX formouse un núcleo económico na Ferreira, debido ao establecemento de mercadores e comerciantes procedentes de Castela. Este núcleo medrou co regreso de comerciantes desde Cuba a finais do século XIX, e o 27 de xaneiro de 1894 a rexente María Cristina deulle a Ferreira o título de Vila.

PoboaciónEditar

Censo total 2014 2.069 habitantes
Menores de 15 anos 174 (8.41 %)
Entre 15 e 64 anos 1.159 (56.02 %)
Maiores de 65 anos 736 (35.57 %)

O Valadouro na literatura popularEditar

  • Se as penas de Oirán se volveran pan, a Frouseira manteiga e o río de Ouro viño mouro, non había terra coma o Valadouro [8].

Galería de imaxesEditar

Lugares do ValadouroEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Valadouro vexa: Lugares do Valadouro.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias do Valadouro

Budián (Santa Eulalia) | O Cadramón (San Xurxo) | Ferreira (Santa María) | Frexulfe (Santa Eulalia) | A Laxe (San Xoán) | Moucide (Santo Estevo) | Recaré (San Xiao) | San Tomé de Recaré (San Tomé) | Santa Cruz do Valadouro (Santa Cruz) | Vilacampa (Santa María)

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "O Valadouro".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "O Valadouro". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Oirán é parroquia de Mondoñedo; A Frouseira, unha montaña entre os concellos de Foz e Alfoz; e o río Ouro nace e desemboca no concello de Foz.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar