Xove
Coordenadas: 43°41′09″N 7°30′32″O / 43.685833, -7.508889
Xove é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2020 tiña 3.277 habitantes (3.614 no 2006, 3.636 no 2005, 3.603 no 2004, 3.574 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xovego ou xovense.[8]
Xove | |
---|---|
![]() Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | xovego/xovega xovense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca da Mariña Occidental |
Poboación | 3.352 hab. (2022)[2][3] |
Área | 89,12 km²[3] |
Densidade | 37,61 hab./km² |
Entidades de poboación | 8 parroquias e 86 lugares[4] |
Capital do concello | Xove |
Política (2023[5]) | |
Alcalde | Demetrio Salgueiro Rapa (PPdeG [6]) |
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en Xove | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 78,71% |
Na rede | |
http://www.xove.es/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía Editar
Situación Editar
Limita cos concellos de Cervo e Viveiro. As súas costas están bañados polo mar Cantábrico. Ten unha superficie de 89,12 km².[9]
Orografía Editar
O cumio máis alto é o Pao da Vella (705 m). Outro pico importante é o monte Medela (346 m).
Demografía Editar
Padrón municipal 2020 | 3.277 habitantes[9] |
---|---|
Menores de 15 anos | 336 (10,25 %) |
Entre 16 e 64 anos | 2.007 (61,25 %) |
Maiores de 65 anos | 934 (28,50 %) |

Evolución da poboación de Xove Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
3.816 | 3.711 | 4.062 | 3.607 | 3.603 | 3.518 | 3.496 | 3.512 | 3.497 | 3.456 | 3.424 | 3.376 | 3.342 | 3.314 | 3.273 | 3.277 | {{{17}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia Editar
Na zona hai numerosos enterramentos megalíticos.
O topónimo podería preoceder do latín Villa Iovii, Vila de Xúpiter, quizais referido a un templo ou altar construído trala romanización.
Durante o antigo réxime estas terras pertenceron ás xurisdicións de Portocelo, Galdo e Viveiro, dependentes da provincia de Mondoñedo. Coa nova división territorial a comezos do século XIX converteuse no concello de Portocelo, integrado na provincia de Lugo. En 1940 adoptou a denominación actual e a capitalidade pasou a Xove.
En 1973 o estado español proxectou a construción da central nuclear de Regodela, que sería explotada por Fenosa, Electra do Viesgo e Hidroeléctrica do Cantábrico. Tras fortes protestas veciñais, a súa construción adiouse, e quedou paralizada coa moratoria nuclear de 1985.
En Xove tributa a factoría de Alcoa-S.Cibrao, a maior fábrica de Alúmina/Aluminio, por estaren localizadas neste concello as súas oficinas.
Cultura Editar
Patrimonio Editar
Suxeriuse que "Muíños de Xove" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Festas e celebracións Editar
- San Bartolo na capital, Xove, na segunda metade do mes de agosto.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Xove.
-
Muíño de Penacurva.
-
Vista parcial de Alcoa-S.Cibrao, parte no concello de Xove
-
Paseo do río Rigueira.
-
Placa altimétrica na casa do concello.
-
Vista da casa do concello coa casa da cultura á esquerda e o pavillón polideportivo á dereita.
-
Vista de Xove.
Lugares de Xove Editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xove vexa: Lugares de Xove.
Parroquias Editar
Notas Editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Xove".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Eleccións 2023".
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Xove". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González (2016), páx. 62
- ↑ 9,0 9,1 "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2021. Consultado o 2021-05-30.
- ↑ "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2021. Consultado o 2021-05-30.
- ↑ "Instituto Nacional de Estadística. (National Statistics Institute)". ine.es. Consultado o 2021-05-30.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xove |
Bibliografía Editar
- Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. Vigo: Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7.
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Toponimia de Xove (en galego)
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |