Santa Cruz do Valadouro, O Valadouro
parroquia civil do concello do Valadouro
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santa Cruz e O Valadouro (homónimos).
Santa Cruz do Valadouro é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 264 habitantes, deles 133 eran homes e 131 eran mulleres.
Santa Cruz do Valadouro | |
---|---|
Concello | O Valadouro[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°32′39″N 7°27′16″O / 43.54425, -7.4545 |
Poboación | 208 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 43[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editar- A igrexa da Santa Cruz do Valadouro data de 1667. Aséntase sobre a antiga igrexa visigótica, da que se conservan restos, que á súa vez estaba asentada sobre un castro. Posúe tamén restos doutras edificacións como o lintel de talla barroca policromada da entrada principal que representa a Adán e Eva flanqueando a Satán. O retablo maior é churigueresco e os outros neoclásicos. Tamén hai que sinalar as capelas do Carmen da Castela (século XVIII) e do barrio de Zaragoza (1753).
- O pazo de Gradaílle é de estilo barroco. Foi propiedade das familias Bolaño e Saavedra.
- Castro de Santa Cruz.[2]
Lugares e parroquias
editarLugares de Santa Cruz do Valadouro
editarLugares da parroquia de Santa Cruz do Valadouro no concello do Valadouro (Lugo) | |
---|---|
Albares | Bandexa | Bardoleiras | Bermún | Cabanas | A Cabanela | Camonde | As Carballas | A Carreira | A Casanova | A Casela | Cendemil | Cernadela | O Coto | As Curuxeiras | Fontelo | Fraxope | Gatoi | Gradaílle | As Lamas | A Lapa | As Leas | Liñares | Lodeiros | O Machuco | Pazos | O Pedregal | Pedrido | O Portelo | O Rego da Pía | A Revolta | Río Cabreiro | Sabugueira | San Cosme | Soutiño | Suaigrexa | A Torre | Valiña Boa | Vao | A Veiga | O Vilar | O Vilarao | Zaragoza |