O Cadramón, O Valadouro
San Xurxo do Cadramón é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 197 habitantes, deles 94 eran homes e 103 eran mulleres.
O Cadramón | |
---|---|
![]() Capela de Santa Filomena do Cadramón. | |
Concello | O Valadouro[1] |
Provincia | Lugo |
Poboación | 137 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 23[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
Os Círculos das Pedragosas, dous círculos concéntricos de pedras amoreadas, non chantadas, cubertos de brañas, aínda que perfectamente visíbeis.
A igrexa de Santa Filomena do Cadramón, da que só se conserva o que foi presbiterio-ábsida, foi edificada entre os séculos IX e X.
No límite coa parroquia do Pereiro (Alfoz), fórmase a fervenza do Escouridal sobre o río Ouro.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares do CadramónEditar
Lugares da parroquia do Cadramón no concello do Valadouro (Lugo) | |
---|---|
A Abelleira | O Albardo | Andamil | A Balsa | Bustomeao | O Campo | As Cancelas | Chocha | Cortegaza | Corvelle | O Esteleiro | Ferrocente | As Folgueiras | A Fonte da Vila | A Liñarega | O Loureiro | A Muxueira | Pereira | O Porto do Río | Rego Cavado | As Rozadas | O Tituelo | As Veigas |