O Pereiro, Alfoz

parroquia civil do concello de Alfoz

Santa María do Pereiro é unha parroquia do concello de Alfoz. É a parroquia máis extensa do concello, e abrangue preto dun terzo da superficie de Alfoz. Segundo o IGE en 2014 tiña 143 habitantes (73 homes e 70 mulleres), mentres que en 2004 tiña 188 habitantes, cunha densidade de 8 hab./km². Ten 29 entidades de poboación.

O Pereiro
Fervenza do Escouridal
ConcelloAlfoz[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°29′00″N 7°27′00″O / 43.48333333, -7.45
Área23,4 km²
Poboación116 hab. (2014)
Densidade4,96 hab./km²
Entidades de poboación29[1]
editar datos en Wikidata ]

Ten unha superficie de 23,4 km². Limita ao norte coa freguesía de Frexulfe (do concello do Valadouro), ao sur con Labrada (concello de Abadín), ao leste con Lagoa e As Oiras (concello de Alfoz), e ao oeste co Cadramón (no concello do Valadouro).

Patrimonio e historia

editar
 
Pena Abaladoira en Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia de José Villa-amil, 1873.

A Pena Abaladoira é un monumento megalítico de orixe e data aínda incerta. Está sita no Monte da Cabalar, a uns 400 metros da estrada O Pereiro - Abadín.

A aldea de Bustelo aparece citada nunha doazón do rei Ordoño II.

Hai numerosas cruces e cruceiros espallados pola parroquia. Cabe destacar o Cruceiro das Candorcas (Acivro), o Cruceiro da Arnela (A Arnela), o Cruceiro da Caxigueira (A Caxigueira) ou o Cruceiro do Outeiro (O Outeiro).

Dende a estrada O Pereiro - Cadramón tamén se pode chegar á Fervenza do Río de Ouro (fervenza do Escouridal), de gran riqueza visual e natural.

Lugares e parroquias

editar

Lugares do Pereiro

editar
Lugares da parroquia de O Pereiro no concello de Alfoz (Lugo)

Acivro | A Arnela | Boudón | Bustelo | A Cabanela | A Caxigueira | O Chao | A Costa | O Coto | Faián | Ferradás | Guilfonso | A Moa | O Outeiro | A Palloza | A Pena do Golpe | A Pesquita | O Pichín | A Ribeira | As Rozas | A Rúa | Rubeiro

Parroquias de Alfoz

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz

Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | San Pedro de Mor (San Pedro) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar