Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°31′N 07°26′O / 43.517, -7.433

Lagoa
SanVicenteLagoa.jpg
Igrexa parroquial de San Vicente de Lagoa
Parroquia de Lagoa do concello de Alfoz.png
ConcelloAlfoz
Área11,3 km²
Poboación308 hab. (2014)
Densidade27,26 hab./km²
Entidades de poboación34

San Vicente de Lagoa é unha das nove parroquias do concello lugués de Alfoz. En 2004 tiña 387 habitantes, distribuídos en 34 entidades de poboación e 4 lugares, cunha densidade media de 34,2 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 308 habitantes, sendo 145 homes e 163 mulleres.

XeografíaEditar

Limita ao norte co concello do Valadouro e coa parroquia de Mor; ao sur coas Oiras e O Pereiro; e ao leste con Adelán e As Oiras.

HistoriaEditar

O documento máis antigo que fai referencia á parroquia é un documento notarial datado en 1498. Segundo a testemuña do párroco da igrexa de Bacoi a principios do século XX, a parroquia de San Vicente de Lagoa debía existir arredor do ano 747, pois constaba en documentos do ano 897, como o testamento do bispo Odoario, xunto con outras freguesías.

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial de San Vicente de Lagoa foi construída no século XVIII. Conta cunha soa nave e dúas sancristías situadas a ambos os dous lados da capela maior. A fachada principal ten porta co arco alintelado, unha xanela e unha imaxe do patrón, San Vicente. Arrimado ao muro dereito da nave sitúase un pórtico sostido por pilastras. Tamén ten unha torre de dous corpos xunto á fachada, con elementos arquitectónicos característicos do barroco. No seu interior consérvanse retablos con esculturas.

O pazo de Carrocide está situado na aldea do mesmo nome. É unha propiedade privada, polo tanto, non visitábel. Situado ao longo da estrada, ten dous portalóns de entrada ao recinto e un arco de pedra con tres remates na parte superior. Posúe unha planta moi alongada formada por gran cantidade de corpos acaroados. Nun dos extremos presenta dúas torres; no outro, a capela. Todo o pazo está cuberto de lousa e posúe un par de gárgolas nas torres.

O pazo de Rizal está na aldea que lle dá nome. É tamén propiedade privada, polo que tampouco se pode visitar. A leira ocupa unha gran chaira que noutros tempos chegaba até o río. A finca está rodeada por unha muralla de pedra, cunha portada con escudo. O edificio ten unha planta irregular e muros de cachotería enfoscados e enlucidos. Ten dúas ás de igual altura que o corpo principal de dúas plantas, a unha delas está arrimado o corpo que alberga a capela, que posúe un grande escudo de armas na entrada.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar