Fervenza do Escouridal
Coordenadas: 43°28′43″N 7°29′46″O / 43.4785, -7.4962
A fervenza o Escouridal é unha fervenza situada no río Guilfonso, entre os concellos de Alfoz (parroquia do Pereiro) e O Valadouro (parroquia do Cadramón). Está entre as máis altas de Galicia, contando os varios tramos que a constitúen.

Características editar
Ten acceso dende O Cadramón e dende O Pereiro, este máis curto (pouco máis de 3 km entre ida e volta) e doado, se ben o último tramo é cualificado na literatura como de dificultade media.
Forma parte do río Guilfonso, que logo dá nacemento ó río Ouro, estando situada a fervenza nas abas da serra do Xistral, unha zona de pluviosidade elevada. A parte central da fervenza ten 80 m de desnivel, se ben o conxunto achégase ós 150 m.
Galería de imaxes editar
-
Panel informativo á vista da fervenza.
-
Panel informativo.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Muñiz de las Cuevas, R.; Fontenla Cotelo, M. (2009). Guía das fervenzas de Lugo e Ourense. Vilaboa: Edicións do Cumio. p. 28-29. ISBN 978-84-8289-271-9.