Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°29′N 07°26′O / 43.483, -7.433

As Oiras
IgrexaAsOiras.JPG
Igrexa de San Mamede das Oiras.
Parroquia das Oiras do concello de Alfoz.png
ConcelloAlfoz
Área8,57 km²
Poboación80 hab. (2014)
Densidade9,33 hab./km²
Entidades de poboación15

San Mamede das Oiras é unha freguesía do concello de Alfoz. En 2004 tiña 110 habitantes distribuídos en 15 entidades de poboación e 3 lugares, cunha densidade de 12,8 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 80 habitantes, sendo 36 homes e 44 mulleres.

Ten unha superficie de 8,57 km². Limitada ao norte coa parroquia de Lagoa, ao sur coas do Pereiro e Figueiras (do concello de Mondoñedo), aoo leste con Adelán e Figueiras, e ao oeste co Pereiro.

PatrimonioEditar

A parroquia pertenceu ao antigo Decanato da Mariña. O seu curato era "de entrada", dotado con 640 reais anuais de renda e de Padroado Real.

A igrexa parroquial de San Mamede das Oiras está situada na aldea da Igrexa. Trátase dun templo reconstruído a comezos do século XX, é de estilo neogótico, cunha soa nave e sancristía situada ao carón da capela maior. Sobre a fachada principal hai unha torre. No interior consérvase un retablo do século XVIII que provén da catedral de Mondoñedo.

O cruceiro das Oiras é un dos numerosos cruceiros da comarca. Do século XIX, está realizado en granito, ten unha cruz que presenta no anverso un Cristo crucificado, e no reverso a Virxe Dolorosa. O capitel ten forma de tronco piramidal, con decoración de volutas. O fuste é octogonal co pedestal cúbico.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar