Moucide, O Valadouro
Santo Estevo de Moucide é unha parroquia do concello lugués do Valadouro, na comarca da Mariña Central. En 2011, segundo o IGE, tiña 204 habitantes (104 homes e 100 mulleres).
Moucide | |
---|---|
Hórreo en Moucide | |
Concello | O Valadouro[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°34′39″N 7°23′31″O / 43.5775, -7.39208333 |
Poboación | 204 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarVizosa grazas ás augas do río Moucide, que desemboca na parroquia de Cordido en Foz, e é afluente do río das Fontes de Moucide. Cerca do Monte da Mina hai unha pequena fervenza que é famosa na parroquia, e un pozo artificial, creado por se houbese algún incendio.
Predomina o eucalipto e é salientable a presenza de fauna tradicional dos bosques lugueses como o corzo, o raposo, o xabaril e o azor.
Historia
editarAta mediados do século XIX a parroquia de Moucide estaba integrada no concello de Foz, do que se segregou entre 1858 e 1860 para unirse ao entón chamado Tierra Llana del Valle de Oro, hoxe O Valadouro.
A estrutura da paisaxe urbanizada é a habitual dos lugares galegos, coa igrexa dominando. A escola, que se fixo cos cartos dos valdourenses na Habana, xunto coa explotación mineira en que se extraía caolín, hoxe abandonada, no Monte da Mina, achegan trazos da realidade económica que o lugar viviu outrora.
Patrimonio
editarA igrexa de Santo Estevo de Moucide ten un retablo maior barroco, no que está presente unha Santa Lucía datada no século XIV. O retablo dereito e a cruz procesional son do século XVI.
Notas
Lugares e parroquias
editarLugares de Moucide
editarLugares da parroquia de Moucide no concello do Valadouro (Lugo) | |
---|---|
Barbeita | A Barreira | O Campón | A Casanova | A Granda | Güín | A Igrexa | Lourido | Muxilán | O Outeiro | O Pé de Arosa | A Pena | A Ponte | A Rubial | A Teixoeira | Vilares |