Abrir o menú principal

A Laxe, O Valadouro

Coordenadas: 43°33′26.7″N 7°26′14.1″O / 43.557417, -7.437250

A Laxe
ConcelloO Valadouro
Poboación254 hab. (2011)
Entidades de poboación14

San Xoán da Laxe é unha parroquia do concello lugués do Valadouro, na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2011 tiña 254 habitantes (128 homes e 126 mulleres).

HistoriaEditar

A vila de Ferreira, capitalidade do concello, pertenceu a esta parroquia ata que se constituíu na actual parroquia de Santa María de Ferreira.

Nesta parroquia naceu o cura e poeta Celestino Cabarcos Suárez.

PatrimonioEditar

  • Restos da cultura castrexa no Monte dos Castros.
  • A igrexa parroquial de San Xoán da Laxe é barroca, do século XVIII. Ten tres retablos neoclásicos. Posúe unha cruz procesional de prata barroca.
  • A Casa das Carballesas (no lugar das Penas da Laxe) datada en 1737.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar