Celestino Cabarcos

poeta español

Celestino Cabarcos Suárez, nado na Laxe (O Valadouro) o 14 de maio de 1883 e finado o 9 de xaneiro de 1961, foi un sacerdote e escritor galego.

Modelo:BiografíaCelestino Cabarcos
Biografía
Nacemento14 de maio de 1883 Editar o valor en Wikidata
O Valadouro, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xaneiro de 1961 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata

BUSC: cabarcos-suarez-celestino-1883-1960/

Traxectoria

editar

Realizar os seus estudos no seminario de Mondoñedo e ordenouse sacerdote en 1914. Foi párroco de Romariz (Abadín) e dende 1931 de Lagoa (Alfoz). Colaborador de numerosas publicacións periódicas como Vallibria, El Ideal Gallego ou Las Riberas del Eo, nos que empregaba os seudónimos de Cástulo ou O Bruxo dos Ermos.

Mantivo amizade cos poetas Antonio Noriega Varela, Gonzalo López Abente e Fernando López Barreiro, que lle dedicaron as súas obras D'o Ermo, Alento da Raza e Pavesas en la hoguera, respectivamente. Tamén foi amigo de Daniel Pernas Nieto.

Celestino Cabarcos foi o primeiro en publicar poemas en lingua galega durante a guerra civil española en Galicia xa que seguiu a publicar a sección Cóxegas que mantiña en Vallibria aínda que nun ton de exaltación do bando sublevado e denigración do republicano, estes poemas de ton bélico non foron recollidos no seu único libro publicado.

En Vallibiria mantivo unha sección de periodicidade semanal titulada "Cóxegas" na que publicaba poemas sobre asuntos relativas á súa contorna. Unha escolma poética foi publicada en forma de libro en 1955 baixo o título de Cóxegas. A impresión correu a cargo de Artes Gráficas A. Santiago, en Viveiro.

  • Cóxegas, 1955 (poesía).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar