Abrir o menú principal

Romariz, Abadín

parroquia do concello de Abadín

Coordenadas: 43°23′00″N 07°27′00″O / 43.38333, -7.45000

Romariz
Parroquia de Romariz do concello de Abadin.png
ConcelloAbadín
Área16,49 km²
Poboación147 hab. (2015)
Densidade8,91 hab./km²
Entidades de poboación12

San Xoán de Romariz é unha parroquia do concello de Abadín na comarca da Terra Chá. Tiña 147 habitantes en 2015 (68 homes e 79 mulleres) segundo datos do IGE[1]. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando tiña 149 habitantes (67 homes e 82 mulleres), e 46 habitantes menos que en 2004.

XeografíaEditar

Ten unha superficie de 16,49 km². Limita ao norte coas freguesías de Labrada e Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo, ao sur con Quende, ao leste con Quende e Sasdónigas, e ao oeste con Fanoi e Labrada. Pertence ao arciprestado de Mondoñedo, ten 12 entidades de poboación e 15 lugares cunha densidade de 8,91 hab./km² (2015).

  • As entidades de poboación son Os Ares (26), Arriba (8), O Barreiro (1), O Bidueiro (20), O Cepo (7), Choi (abandonado), O Cruceiro (22), O Curraíño (10), Os Currás (2), Espiñarcao (43), A Valiña de Freire (2) e A Valiña (6). Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son Os Anellos, As Cabeceiras, A Campa Vella, O Concello, O Costeiro, A Fieitiña, A Fonte, A Fraga Vella, Lama Grande, A Pedreira, Porto do Río, Os Regos, O Requeixo, A Rúa e As Samargosas.

HistoriaEditar

O curato pertenceu a viacría da Maestrescolía de Mondoñedo. A herdade de Choi foi concedida polo abade de Lourenzá, frei Romero, en 1207 a dez poboadores.

PatrimonioEditar

  • Igrexa posiblemente do século XIII.
  • Romariz conta cun cruceiro realizado en granito. Cruz de remates florenzados coa figura de Cristo no anverso; capitel con anxos os lados e volutas nas esquinas; fuste poligonal con figura de San Xoán o Bautista na parte superior, e atributos da Paixón; base o seu tronco-piramidal; con inscricións, sobor plataforma con 3 chanzos cuadrangulares.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Consultado o 11 de decembro de 2016. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar