Seivane de Vilarente, Abadín

parroquia do concello de Abadín

San Xoán de Seivane de Vilarente é unha parroquia do concello de Abadín, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE no ano 2004 tiña 240 habitantes, distribuídos en 8 entidades de poboación e 19 lugares, cunha densidade media de 45,3 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 207 habitantes, sendo 102 homes e 105 mulleres.

Seivane de Vilarente
Vista do lugar da Casanova.
ConcelloAbadín[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°17′47″N 7°28′11″O / 43.29640968, -7.46970809
Área5,3 km²
Poboación179 hab. (2019)
Densidade33,77 hab./km²
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

A poboación distribuíase do seguinte xeito: Cabanela (26), Cabaza (22), Fabega (9), A Pedrosa (36), O Rego das Pedras (12), Rieiro (34), A Touceira (27) e Vilaseñor (41).

Xentilicio

editar

O seu xentilicio é vilarentino[2].

Xeografía

editar

Ten unha superficie de 5,3 km². Limita coas parroquias de Moncelos, Baroncelle e Vilarente (as tres do concello de Abadín) e de San Martíño de Corvelle (concello da Pastoriza). Pertence ao arciprestado de Baroncelle. Entre os seus cumios destacan o Porto das Égoas (631 m) e Argán (585 m).

Patrimonio

editar

Esta parroquia, o igual que as adxacentes é rica en cruceiros.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Seivane de Vilarente

editar
Lugares da parroquia de Seivane de Vilarente no concello de Abadín (provincia de Lugo)

Cabanela | Cabaza | A Casanova | A Cernada | O Coído | Costa | Fabega | A Furada | Gabín | O Igrexario | Os Mariños | Moa | Montecelo | A Orxeira | Paleira | A Pedrosa | As Podrés | Os Portos Carros | Prado da Valiña | Rabuña | O Rego das Pedras | Rieiro | A Touceira | O Valiño | A Veiga | Vilaseñor | Xácoma

Parroquias de Abadín

editar
 
As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bartolomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madanela) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madanela) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar