As Goás, Abadín

parroquia civil do concello de Abadín

San Pedro das Goás é unha parroquia do concello de Abadín. Segundo datos do IGE[2], en 2023 tiña 84 habitantes (40 homes e 44 mulleres), repartidos en 7 entidades de poboación. Iso supón unha diminución da súa poboación respecto a 2014 cando tiña 104 habitantes, sendo 53 homes e 51 mulleres.

As Goás
Igrexa de San Pedro das Goás
ConcelloAbadín[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°20′18″N 7°30′10″O / 43.33824789, -7.50265726
Área10,35 km²
Poboación84 hab. (2023)
Densidade8,12 hab./km²
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

As entidades son Butarreira (25), A Casanova (13), Gaúte (8), Leiras (11), Pumariño (22), Os Vidás (5) e O Vilar (despoboado). O lugar (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) é A Costa.

Xeografía

editar

Ten unha superficie de 4,15 km², cunha densidade media de 8,12 hab/km² no 2023. Limita ao norte coas parroquias de Abadín e Candia, ao sur con Baroncelle e Abeledo, ao leste con Cabaneiro e ao oeste con Aldixe. Formou parte da desaparecida xurisdición da Costa do Monte sobre a que exercía o seu señorío o bispo de Mondoñedo entre outros.

Os cumios máis altos son Abelleira (617 m), Goás (604 m) e Meixón (474 m).

Patrimonio

editar

No lugar de Gaute hai unha igrexa construída no século XVI, sufrindo importantes reformas posteriores. A nave, de planta rectangular con capela maior e sancristía arrimada á cabeceira, está cuberta de lousa a dúas augas, e a catro augas no presbiterio. A fachada ten un arco alintelado e outro de descarga feito de lastras, coa curiosa espadana con dous vans no primeiro corpo e un no segundo, a que se accede por unha escaleira exterior situada no muro norte. No interior destacan as rústicas pinturas de cortinaxes vermellos no presbiterio, arco triunfal de forma carpanel, dúas laudas sepulcrales no chan da capela maior, retablo maior neoclásico do século XIX e retablos laterais barrocos.

Galería de imaxes

editar

Notas

Lugares e parroquias

editar

Lugares das Goás

editar
Lugares da parroquia das Goás no concello de Abadín (provincia de Lugo)

Butarreira | A Casanova | A Costa | Gaúte | Leiras | Pumariño | Os Vidás | O Vilar

Parroquias de Abadín

editar
 
As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bartolomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madanela) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madanela) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar