Galgao, Abadín
San Martiño de Galgao é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 76 habitantes en 2015 (40 homes e 36 mulleres) segundo datos do IGE[2]. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2014 cando tiña 75 habitantes (40 homes e 35 mulleres).
Galgao | |
---|---|
Igrexa de San Cosme da Montaña. | |
Concello | Abadín[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°22′50″N 7°25′39″O / 43.38063341, -7.42763115 |
Área | 11,6 km² |
Poboación | 65 hab. (2019) |
Densidade | 5,6 hab./km² |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarTen unha superficie de 11,6 km². Limita coas parroquias de Quende, Fanoi e Romariz, xunto cos concellos da Pastoriza e Mondoñedo. A parroquia pertencente o arciprestado de Mondoñedo. Ten 7 entidades de poboación e 2 lugares con 76 veciños, sendo a densidade media de poboación de 6,55 hab/km² no 2015.
As entidades de poboación son Bicos (8), Os Currás (11), A Maramiga (10), A Piegueira (10), O Rego do Cal (11), Os Samordás (8), e O Someiro (18). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: A Carreira e Os Liñares.
Dentro da súa orografía destacan Rego de Bidueira (700 m), Alto do Seixal (678 m) e Pena Grande (664 m).
Patrimonio
editarGalgao conta cun cruceiro de granito con cruz florenzada coa figura de Cristo no anverso e Piedade no reverso; fuste con trísceles no remate superior, culebra, corazón, cáliz con cabeza de anxo e os atributos da Paixón; base cúbica, con inscricións, sobor plataforma con dous chanzos cuadrangulares.
Lugares e parroquias
editarLugares de Galgao
editarLugares da parroquia de Galgao no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
Bicos | A Carreira | Os Currás | Os Liñares | A Maramiga | A Piegueira | O Rego do Cal | Os Samordás | O Someiro |
Parroquias de Abadín
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 11 de decembro de 2016.