Abrir o menú principal

Abadín, Abadín

parroquia do concello de Abadín

Coordenadas: 43°21′00″N 07°29′00″O / 43.35000, -7.48333

Abadín
Gontán, Abadín, Abadín.jpg
Lugar de Gontán.
Parroquia de Abadin do concello de Abadin.png
ConcelloAbadín
Área2,55 km²
Poboación268 hab. (2015)
Densidade105,1 hab./km²
Entidades de poboación7

Santa María de Abadín é unha parroquia do concello de Abadín na comarca da Terra Chá. Tiña 268 habitantes en 2015 (136 homes e 132 mulleres) segundo datos do IGE[1]. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando vivían nas súas sete entidades de poboación 269 veciños (138 homes e 131 mulleres).

Xeografía física e humanaEditar

Limita coas parroquias de Candia, Cabaneiro, Fanoi, Fraiás e Quende. Ten unha altitude media de 500 msnm.

Dos once lugares recollidos na toponimia oficial, sete son entidades de poboación; a súa densidade media de poboación no 2015 era 105,1 hab/km². As devanditas entidades co seu respectivo número de habitantes no 2014 son Os Carballás (36), Fernandaño (9), Gontán (13), Pedralba (12), Pedreiras (68), Provecende ou Abadín (108), e A Torre (22). Outros lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: O Convento, O Correo e A Poceira.

Relixiosamente, pertence ao arciprestado da Terra Chá da diocese de Mondoñedo-Ferrol. A partida bautismal máis antiga que recolle o arquivo parroquial corresponde ao 1738.

PatrimonioEditar

 
As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.

Na aldea da Torre atópase a igrexa parroquial de Santa María de Abadín, situada nun alto que domina unha extensa zona de labradío, coa paisaxe montañosa ao fondo. É de estilo románico da primeira metade do século XII, coa capela maior do século XVI de estilo gótico isabelino, e cunha sancristía acaroada detrás de época posterior. A nave ten unha planta rectangular, cos muros de cadeirado de granito e cuberta de lousa a dúas e catro augas. A fachada ten un arco de medio punto con grandes doelas, un pequeno rosetón céntrico con trazarías, e espadana dun só corpo e dous vans. Aparece coroada por dous escudos nos laterais da fachada, nos que se distinguen as estrelas e a media lúa da casa dos Luaces, que estivo vinculada a esta parroquia dende o ano 1574. No interior destaca a capela maior con arco triunfal de medio punto sobre columnas cuxos capiteis teñen os escudos dos Luaces, igual que a clave da bóveda nervada; dúas laudas sepulcrais no pavimento pétreo; retablo maior de estilo renacentista popular e retablos laterais de traza popular e máis moderna.

Ao seu carón sitúase, ademais, un fermoso cruceiro realizado en granito no adro: consiste nunha cruz florenzada coas figuras de Cristo no anverso e a Piedade no reverso; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas, fuste poligonal coa custodia e os atributos da Paixón; con base tronco-piramidal sobre dous chanzos cuadrangulares e sen inscrición.

Na contorna desta igrexa atópase a ermida da Nosa Señora de Fátima, lugar de celebración dunha concorrida feira tradicional.

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Consultado o 11 de decembro de 2016. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar