Cabaneiro, Abadín

parroquia civil do concello de Abadín

San Bartolomeu de Cabaneiro[2] é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo datos do IGE[3], en 2023 tiña 45 habitantes (18 homes e 27 mulleres). Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2019 cando tiña 50 habitantes (20 homes e 30 mulleres), nas súas 6 entidades de poboación.

Cabaneiro
Igrexa de Cabaneiro.
ConcelloAbadín[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°20′49″N 7°28′39″O / 43.346987413463, -7.4775549374565
Área4,09 km²
Poboación45 hab. (2023)
Densidade11 hab./km²
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Ten unha superficie de 4,09 km², e pertence ao arciprestado de Baroncelle. Limita coas parroquias de Abadín, Fanoi, Candia, Corvite, As Goás, Quende, Fraiás e o concello da Pastoriza.

As súas entidades de poboación son Os Currás (10), Formado (5), Odreiro (7), A Pedreira (7), A Picheira (12) e O Porto Pequeno (9). A Panda é ooutro lugar da parroquia. En 2015 a densidade media de poboación era de 12,22 hab./km².

Patrimonio

editar

Cruceiros

editar

Na aldea dos Curras consérvanse dous cruceiros:

  • O primeiro está composto de granito. Cruz de remates florenzados coa figura de Cristo, e a Virxe e San Xoán de menor tamaño; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas; fuste con decoración xeométrica na súa parte superior, continuando cos atributos da Paixón (cravos, martelo, tenaces, lanza e escaleira); e base troncopiramidal con inscrición ilexible. Localízase no adro da igrexa parroquial de San Bartolomeu de Cabaneiro.
  • O segundo cruceiro, realizado en granito. De sinxela cruz con figura arcaizante do Cristo, con moi pouco relevo. Carece de fuste e apoiase directamente sobor dunha base troncopiramidal. Non presenta inscrición ningunha coa data de realización.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Cabaneiro

editar
Lugares da parroquia de Cabaneiro no concello de Abadín (provincia de Lugo)

Os Currás | Formado | Odreiro | A Panda | A Pedreira | A Picheira | O Porto Pequeno

Parroquias de Abadín

editar
 
As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bartolomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madanela) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madanela) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar