Abeledo, Abadín
Santa María de Abeledo é unha parroquia do concello lugués de Abadín na comarca da Terra Chá. Segundo datos do IGE[2] en 2023 tiña 111 habitantes (51 homes e 60 mulleres). Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2015 cando tiña 137 habitantes (66 homes e 71 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación. A densidade media de poboación en 2023 era de 12,12 hab/km².
Abeledo | |
---|---|
![]() Leiras do Campo. | |
![]() | |
Concello | Abadín[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°19′00″N 7°28′00″O / 43.31666667, -7.46666667 |
Área | 9,16 km² |
Poboación | 111 hab. (2023) |
Densidade | 12,12 hab./km² |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLimita coas parroquias de Fraiás, Cabaneiro, Candia, As Goás, Baroncelle e Corvite.
As súas entidades de poboación son Cabo de Vila, O Campo, O Carballo, A Coroza, O Coto, A Fervoira, Foxacos, O Outeiro, Os Pasandellos, As Regas, A Reboira, Sabugos, Touceiras, Toxeiro, Trasón, A Valiña e A Vesada
Ten unha altitude media de 520 msnm. Na parroquia de Abeledo pódese encontrar unha paisaxe moi diversa, empezando na parte máis alta polo monte Corda de Neda, cunha superficie de 430 ha, que pertencen na súa totalidade ós veciños da parroquia. Dende o seu cumio (800 m) pódese divisar case a totalidade da comarca da Terra Chá e gran parte da provincia de Lugo. Neste monte, á parte do seu piñeiral pódese gozar da presenza de cabalos salvaxes, cabras e vacas. Ao pé do monte atópase a zona de casas e a área agrícola, que aínda conserva as tradicións antigas de rotación de cultivos nos seus vilares, dando lugar a un mosaico de vexetación moi diverso. Na parte máis baixa hai que destacar o rego da Fraga, un pequeno regato no que hai troitas, rodeado de castiñeiros e carballos. Este rego ten oito edificacións antigas, entre as que destacan un mazo, cinco muíños de auga, unha dinamo para producir corrente coa auga e unha moa de afiar tamén movida pola auga.
Relixiosamente, pertence ao arciprestado de Baroncelle. A partida bautismal máis antiga que se recolle no arquivo parroquial corresponde ao ano 1586
Patrimonio
editarA igrexa de Santa María de Abeledo está localizada na aldea de Touceiras. É unha igrexa construída no século XVII sobre un antigo castro e rodeada dunha espesa arboreda autóctona que fai do lugar unha bonita paraxe. A pesar desa antigüidade, o edificio sufriu reformas posteriores. Ten unha nave de planta rectangular, coa capela maior máis elevada e a sancristía acaroada na cabeceira. A cuberta é de lousa a dúas augas na nave e a catro na capela maior. A fachada ten un arco adintelado e espadana dun só van, rematada con puntas de diamante. No interior atópase un arco triunfal de medio punto, dous retablos barrocos, gran cantidade de imaxes dos séculos XVII e XVIII, e unha curiosa laxe de pedra do século XVII con fundacións piadosas.
Lugares e parroquias
editarLugares de Abeledo
editarLugares da parroquia de Abeledo no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
Abeledo de Abaixo | Abeledo de Arriba | Cabo de Vila | O Campo | O Carballo | O Carboeiro | Os Caxigos | A Coroza | O Coto | A Fervoira | Foxacos | O Outeiro | Os Pasandellos | A Reboira | As Regas | Sabugos | A Torre | Touceiras | Toxeiro | Trasón | A Valiña | A Vesada |
Parroquias de Abadín
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia". Instituto Galego de Estatística (IGE). Consultado o 18 febreiro 2025.