Quende, Abadín
Santiago de Quende é unha parroquia do concello de Abadín. Segundo o IGE[2] en 2015 tiña 187 habitantes (91 homes e 96 mulleres), oito menos ca en 2014 (95 homes e 100 mulleres) e 53 menos que en 2004.
Quende | |
---|---|
Igrexa e cemiterio | |
Concello | Abadín[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°21′47″N 7°27′10″O / 43.36297533, -7.45268364 |
Área | 9,54 km² |
Poboación | 157 hab. (2019) |
Densidade | 16,46 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarTen unha superficie de 9,54 km². Limita ao norte con Romariz e Sasdónigas (concello de Mondoñedo), ao sur con Loboso, ao leste con Sasdónigas e Galgao e ao oeste con Romariz, Fanoi, Fraiás e Abadín. Pertence ao arciprestado de Mondoñedo, ten 10 entidades de poboación e 7 lugares, cunha densidade media de 19,6 hab./km² (2015).
As entidades de poboación son A Bouza (9), Candabade (13), Os Carballiños (6), Fontepresa (29), Framil (6), Gontán (71), Moncalvo (4), Os Péreces (27), Os Titos (3) e A Xesta (19). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son O Campo, A Casanova, As Corgas, Gontán de Abaixo, Gontán de Arriba, O Outeiro e A Ribeira.
Historia
editarPertenceu a antiga Maestrescolía de Mondoñedo e era curato de entrada da provisión ordinaria. A vila de Quende foi posesión do Mosteiro de Lourenzá.[Cómpre referencia]
Patrimonio
editarNo lugar de Gontán de Abaixo existe dous cruceiros de especial relevancia: o primeiro ten o seu acceso dende o núcleo de Abadín. Tómase o desvío a esquerda, sinalizado, e a 400 metros encóntrase na marxe dereita da estrada que vai a Labrada. O cruceiro está realizado en granito e de dimensións normais. Cruz florenzada coa figura de Cristo no anverso; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas; fuste poligonal con figura no lado maior, custodia e os atributos da Paixón; base tronco-piramidal, con inscricións.
Para o segundo tamén se accede dende o núcleo de Abadín, e tómase o desvío á esquerda sinalizado, e a 350 metros encóntrase diante da Igrexa. O cruceiro está realizado en granito. Cruz de remates florenzados co Cristo de grandes dimensións e figura feminina de menor tamaño ó seu carón (falta unha figura no outro lado), a Piedade na parte posterior; capitel con anxos os lados e volutas nas esquinas; fuste poligonal con figura na parte superior, custodia e atributos da Paixón; base tronco-piramidal, sen inscricións.
Existe un terceiro cruceiro nesta parroquia, o de Fontepresa. O cruceiro está realizado en granito e ten dimensións normais. Cruz florenzada coa figura de Cristo no anverso, Virxe co neno e Santa Ana, de menor tamaño, no lado maior, mentres que no lado menor hai unha figura da Dolorosa; capitel con anxos a carón e volutas nas esquinas; fuste poligonal con figura de Santiago e os atributos da Paixón; base cúbica sobre outra base de xisto con inscricións.
Gontán dispón ademais dunha área recreativa á que se accede dende o núcleo de Abadín tomando o desvío a esquerda en dirección Gontán, sinalizado. Cóllese a esquerda unha estrada que conduce até o río Labrada, e a carón deste encóntrase o recurso. É unha pequena área de 100 metros cadrados situada nas beiras do río Labrada o seu paso polo núcleo de Gontán. Ten merendeiro e praia fluvial acondicionada cunha explanada de cemento para facilitar o baño. O seu contorno vexetacional autóctono de ribeira e rico, con carballos, bidueiros, ameneiros e sabugueiros.
Lugares e parroquias
editarLugares de Quende
editarLugares da parroquia de Quende no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
A Bouza | O Campo | Candabade | Os Carballiños | A Casanova | As Corgas | Fontepresa | Framil | Gontán de Abaixo | Gontán de Arriba | Moncalvo | O Outeiro | Os Péreces | A Ribeira | Os Titos | A Xesta |
Parroquias de Abadín
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 11 de decembro de 2016.