Abrir o menú principal

Baroncelle, Abadín

Coordenadas: 43°18′00″N 07°30′00″O / 43.30000, -7.50000

Baroncelle
Igrexa vella de Baroncelle.jpg
Igrexa vella de Baroncelle.
Parroquia de Baroncelle do concello de Abadin.png
ConcelloAbadín
Área6,67 km²
Poboación158 hab. (2015)
Densidade23,69 hab./km²
Entidades de poboación22

Santiago de Baroncelle é unha parroquia pertencente ao concello de Abadín. Tiña 158 habitantes en 2015 (87 homes e 71 mulleres) segundo datos do IGE[1]. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando vivían nas súas 12 entidades de poboación 165 veciños (92 homes e 73 mulleres).

XeografíaEditar

Ten unha superficie de 6,67 km². Limita coas parroquias de Aldixe, As Goás, Abeledo, Corvite e Moncelos; tamén coas de Árbol e Carballido do concello de Vilalba. Pertence ao arciprestado de Terrachá da diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Entidades e poboaciónEditar

Dos 22 lugares recollidos na toponimia oficial 12 son entidades de poboación, sendo a densidade media de poboación no 2015, de 23,69 hab/km².

As entidades co seu respectivo número de habitantes no 2006 son as seguintes: A Abelleira (12), O Asperón (27), Augalevada (26), A Casavella (15), O Castiñeiro (11), O Fondo (5), A Fonte do Mouro (9), Golpilleiras (4), A Uceira Grande (26), Vacaferreira (9), O Valado (3) e Vilatán (11).

Outros lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: Os Barreiros, Os Caseiros, Cornello, A Fraga, O Lodeiro, Piñeiro, Porto do Río, Ríos, Seminaus e A Uceira Pequena.

PatrimonioEditar

Aparece documentado o arciprestado de Baroncelle nunha doazón de Afonso VII, do "Castrum Baroncelli" do ano 1132.

Existe unha antiga igrexa parroquial de Santiago de Baroncelle nunha fermosa paraxe na aldea da Casavella. A igrexa construíuse no século XVII. Actualmente atópase en estado ruinoso e pechada ao culto. Ten unha soa nave de planta rectangular con capela maior cuadrangular e sancristía acaroada. Sobre a fachada, pequena espadana dun so van. No seu interior un arco triunfal semicircular, retablo maior neoclásico, e dous retablos barrocos dos que destaca o retablo de San Rosendo, procedente da catedral de Mondoñedo.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

NotasEditar

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Consultado o 11 de decembro de 2016.