A Graña de Vilarente, Abadín
Santa María Madanela da Graña de Vilarente[2] é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 213 habitantes en 2015 (101 homes e 112 mulleres) segundo datos do IGE[3]. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2014 cando tiña 210 habitantes (101 homes e 109 mulleres), e 54 habitantes menos que en 2004.
A Graña de Vilarente | |
---|---|
Igrexa da Graña de Vilarente. | |
Concello | Abadín[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°17′20″N 7°28′47″O / 43.28879951, -7.47973536 |
Área | 10,35 km² |
Poboación | 192 hab. (2019) |
Densidade | 18,55 hab./km² |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Limita ao norte con Vilarente, ao sur con Muimenta e Roás (concello de Cospeito), ao leste con Vilarente e ao oeste con Moncelos e As Goás. Pertence o arciprestado de Baroncelle e ten 13 entidades de poboación e 12 lugares, cunha densidade media de 20'58 hab/km² no 2015.
Xeografía
editarAs entidades son A Cabana (31), A Cabeceira ou A Carballeira (11), O Carboeiro (20), A Casavella (5), O Coído (13), Fraga de Vila (12), Penela (11), Porto da Moura (35), A Pumarega (6), Ruavella (23), Os Trinta (13), Vilar de Nuño (24) e Vista Alegre (9). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son As Augas, Os Carracedos, Chouselas, O Cotiño, A Croa, Os Currás, O Fondal, A Fonte do Trobo, A Fumeira, O Igrexario, Rego da Páxara e Tremoído.
Orografía
editarDestacan os cumios de Roza do Pleito (443 m) e Marco do Forneiro (440 m).
Patrimonio
editar- O Pazo de Cernada é un edificio de propiedade privada, situado nun terreo chan. Planta do edificio en U, con dous pisos, de fábrica de cachotería de pedra rebocada e cantería nos reforzos dos ocos, con cuberta de lousa. A fachada principal ten un soportal de entrada formado por un pórtico de pedra sobre o que se encontra o escudo. Na fachada posterior destacan as grandes chemineas e unha galería acristalada de madeira. Vans con tornachoivas. Antiga propiedade da familia dos Noguerol e os Barxa. Na parte posterior ten unha horta con frutais, pozo, cabazo de planta cuadrangular de tipo asturiano, alpendres etc. Toda a leira encóntrase amurallada coa bonita porta de reixas na entrada. No camiño de acceso encóntrase un pombal de planta cuadrangular, un cruceiro de granito e a capela propiedade do pazo, con imaxinería e altar de madeira nobre de gran valor artístico.
Galería de imaxes
editar-
Vista da parroquia.
-
Cruceiro.
-
Vista da igrexa.
-
Igrexa e cemiterio.
Lugares e parroquias
editarLugares da Graña de Vilarente
editarLugares da parroquia da Graña de Vilarente no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
As Augas | A Cabana | A Cabeceira | A Carballeira | O Carboeiro | Os Carracedos | A Casavella | Chouselas | O Coído | O Cotiño | A Croa | Os Currás | O Fondal | A Fonte do Trobo | Fraga de Vila | A Fumeira | O Igrexario | Penela | Porto da Moura | A Pumarega | Rego da Páxara | Ruavella | Tremoído | Os Trinta | Vilar de Nuño | Vista Alegre |
Parroquias de Abadín
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2022-01-12.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 11 de decembro de 2016.