Daniel Pernas Nieto
Daniel Pernas Nieto, nado en Quende (Abadín) o 25 de setembro de 1884 e falecido en Mondoñedo o 27 de xullo de 1946, foi un sacerdote e escritor galego.
Daniel Pernas Nieto | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1884 |
Quende | |
Falecemento | 27 de xullo de 1946 |
Mondoñedo | |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Seminario de Mondoñedo |
Ocupación | sacerdote católico e poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou no Seminario de Mondoñedo, foi párroco de Baroncelle e capelán do Hospital-Asilo de Ortigueira. Publicou as súas primeiras composicións con 21 anos en ¡Guau... Guau! e De Todo un Poco[1]. Tamén apareceron poemas seus en El Primitivo. Publicou un único libro Fala d'as musas (1936) con prólogo de Álvaro Cunqueiro en castelán, notable por ser o primeiro libro en galego que se publicou en Galicia tras o comezo Guerra Civil española. Fala d'as musas é un poemario de 26 poemas, costumista e relixioso na liña de Antonio Noriega Varela. Durante a contenda publicou en La Voz de Ortigueira poemas en galego anunciando que pertencían a un segundo volume de Fala d'as musas que nunca viu a luz.
NotasEditar
- ↑ Armando Requeixo (2014) "Estudo introdutorio" a Fala das Musas e outros poemas. Xunta de Galicia, p. 13
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Couceiro Freijomil, A. (1954). "Pernas Nieto, Daniel". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 94.
- Pedreira, Ricardo (2005). Anacos da vida e obra de dous ilustres mindonienses. Mondoñedo: Asociación de Amigos de la Ciudad de Mondoñedo.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.