Miguel Sande

poeta español

Miguel Anxo Sande Corral, nado en Pastoriza (Arteixo) en 1961, é un escritor e xornalista galego.

Miguel Sande
Miguel Sande.jpg
Nacemento1961
 Pastoriza
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Antonio Reigosa, Afonso Becerra, Silvia Penas e Miguel Sande no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Dedícase ao xornalismo: é delegado de La Voz de Galicia na Mariña lucense e no Occidente de Asturias. Vive en Viveiro.

O seu primeiro libro publicado é Al alba pide comigo vivir, co que quedou finalista do Premio Nacional de Teatro Calderón de la Barca no ano 1984, convocado polo Instituto das Artes Escénicas, do Ministerio de Cultura. En 1998, publicou a segunda obra de teatro, Ninguén chorou por nós, premiado co Rafael Dieste, foi estreado en setembro de 1999 no Teatro Colón de Vigo nunha adaptación libre da compañía Teatro Bruto. No 2000 publica 39 veces chao, un monólogo a través dun teléfono móbil.

Como poeta publicou o libro A palabra soterrada, escrito no deserto do Sáhara, entre Túnez e Alxeria.

Obra en galegoEditar

PoesíaEditar

  • Palabras para despois da tose, 1985, Edicións do Castro.
  • Como a nudez escura da auga, 1986, Edicións do Castro.
  • A traxectoria caótica do péndulo, 1990, Galaxia.
  • A palabra soterrada, 1994, Espiral Maior.
  • Hoxe, que vén o vento do sur, 2006, Espiral Maior.
  • Os filósofos xa non brindan con cicuta (2019). Arte de Trobar.

NarrativaEditar

  • Se algún día esta muller morta, 2006, Galaxia.
  • A vida fóra, 2011, Galaxia.

TeatroEditar

EnsaioEditar

Obras colectivasEditar

Obra en castelánEditar

PoesíaEditar

  • Poemas, 1981, La Voz de Galicia.

PremiosEditar

NotasEditar

  1. "Miguel Sande, gañador da XVII edición do Premio de Poesía Afundación". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2019-07-17. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar