Isidro Novo
Isidro Xoán Froilán López Novo, nado en Lugo o 5 de outubro de 1951 e finado o 1 de febreiro de 2018[1], foi un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1951 Lugo, España |
Morte | 1 de febreiro de 2018 (66 anos) |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Narrativa e poesía |
Premios | |
Traxectoria
editarExerceu varias profesións como vendedor de libros, viaxante de produtos alimentarios, administrativo ou taberneiro. Comezou como autor de literatura infantil e xuvenil coa publicación de Teaza de brétema, que foi finalista no certame O barco de vapor de 1992. En 1997 apareceu Por unha presa de machacantes, un western cómico, ao que seguiron varios libros de relatos. Iniciouse na poesía co libro Dende unha nada núa. Participou en libros colectivos, foi radiofonista facendo en Radio Clavi un programa cultural titulado Gomorritas e novas criaturas, e como xornalista fixo reportaxes para varias revistas.
Varios dos seus relatos foron premiados no certame Modesto R. Figueiredo e no Manuel Murguía. Pertence ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Antón Fortes Torres e Lois Diéguez.
Novo foi membro do consello directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega desde 2007, así como membro da sección de Literatura Oral desta entidade.[1] Dende o ano 2008 e co apoio da AELG impulsou a sección de recuperación do idioma Palabras con memoria. Tamén dende ese ano colaborou no grande invento itinerante do experto en Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, denominado Polafías[2] como lector de poetas populares de cada lugar visitado.[3]
Obra
editarNarrativa
editar- Carne de can, 1997, Positivas.
- Por unha presa de machacantes, 1997, Positivas (baixo o pseudónimo Isy New).
- Antollos de Eimarmena, 1999, Positivas.
- Súa de si, 2003, Biblos Clube de Lectores.
- Rosa lenta, 2004, Francka Editora, Vigo.
- Un escuro rumor tralo silencio, 2005, Sotelo Blanco.
- Cabalos do demo e outros invertebrados, 2010, Trifolium.
- Sinistra deixa, 2012, Toxosoutos.
- O tabú na traslenda, 2017, Urco
Poesía
editar- Despacios (en castelán)
- Dende unha nada núa (1997, Ediciós do Castro).
- Esteiro de noites falecidas, 2007, Espiral Maior.
- CO2, 2017, Positivas.
- Poesía galega reunida (1991-2017) (2021). Vigo: Galaxia. 488 páxs. ISBN 978-84-9151-626-2.
Literatura infanto-xuvenil
editar- Teaza de brétema, 1994, S. M.
Ensaio
editarTradución
editar- Os fidalgos de Monforte: historia cabaleiresca do século XV, de Benito Vicetto (2009, Tris Tram)
- Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.
Obras colectivas
editar- Premios Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991) (1992, Ediciós do Castro).
- Cabalos do demo, en Airadas de palabras (1998, Laiovento).
- Na boca do lobo (1998, Tris Tram).
- Paisaxes con palabras (2001, Galaxia).
- Alma de beiramar (2003, AELG).
- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003).
- Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
- Mitoloxía da morte: agoiros, ánimas e pantasmas. Actas das III xornadas de literatura de tradición oral, (Lugo, 5 e 6 de novembro 2010) (2011, AELG).
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
- 1975-2015 Moncho Reboiras Vive! (2015, Arredista Edicións).
- Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).
Premios
editar- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 1991, por Ó sur do arrabaldo.
- Gañador e accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 1992, pol' A pin up de Beautiful Street e Primeira plana, respectivamente.
- Gañador do Certame Manuel Murguía de narracións breves no 1995, por Cabalos do demo.
- IX Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1996, por Dende unha nada núa.
- Premio Risco de Literatura Fantástica no 2005, por Un escuro rumor tralo silencio.[4]
- Premio de poesía Concello de Carral no 2006, por Esteiro de noites falecidas.
- Premio Arcebispo Xoán de San Clemente en 2007, por Un escuro rumor tralo silencio
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Galiza, Sermos. "Falece o escritor Isidro Novo aos 66 anos de idade". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2018. Consultado o 2018-02-02.
- ↑ Polafías
- ↑ "Isidro Novo". www.aelg.org. Consultado o 2018-02-02.
- ↑ Redacción (2 de abril de 2005). "Isidro Novo acada o premio Risco cunha novela de ciencia ficción clásica". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o Isidro Novo acada o premio Risco cunha novela de ciencia ficción clásica.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Calvo Vidal, José Luis (2011). O Xograr da Gravedade. A escrita lírica de Isidro Novo. Pontevedra: Editorial Nabetes.