Premio de poesía Concello de Carral
O Premio de poesía Concello de Carral foi instituído polo concello de Carral en 1997, para orixinais escritos en lingua galega.
Premio de poesía Concello de Carral | |
---|---|
Tipo | premio literario |
Data de fundación | 1997 |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarOs obxectivos do premio son a descuberta ou consolidación de poetas de Galicia e o fomento da lectura de poesía Desde os seus inicios o certame contou coa colaboración de Espiral Maior Edicións, dirixida por Miguel Anxo Fernán-Vello, que se encargou da edición das obras gañadoras incluíndoas na súa colección de poesía.
O premio naceu xunto coa primeira biblioteca municipal de Carral, por iniciativa do concelleiro de Cultura Lois Anxo Ferreiro Bestilleiro[Cómpre referencia]. Desde a primeira edición a dirección do concurso corre a cargo do técnico municipal de Cultura Carlos Lorenzo Pérez[Cómpre referencia].
A dotación económica, que aumentou cos anos, quedou fixada desde 2022 en 3.500 euros.[1] Tamén foi aumentando o número de versos requiridos nas obras presentadas, sendo nas últimas edicións de 500 versos.
Nas primeiras 20 edicións do premio presentáronse en total case 800 libros ao concurso.[Cómpre referencia].
Gañadores
editar- 1997: Fernando Díaz-Castroverde, Camiño de píntegas.
- 1998: Rafael Lema, Atlántica.
- 1999: Rafa Villar, Días de Sherezade.
- 2000: Lucía Novas, Epiderme de estío.
- 2001: Baldo Ramos, A árbore da cegueira.
- 2002: Eduardo Estévez, Derrotas.
- 2004: Xurxo Alonso, Breviario de Aldemunde.[2]
- 2005: Marcos S. Calveiro, Cartas do terceiro día.
- 2006: Isidro Novo, Esteiro de noites falecidas.
- 2007: Xosé Luís Mosquera Camba, Nadja c’est moi.
- 2008: Paulino Peña Álvarez, Gramática da afirmación.
- 2009: Eli Ríos, Nós escoitando o badalo de marienplatz.
- 2010: Miro Villar, As crebas.
- 2011: Emma Pedreira, Libro das mentiras.
- 2012: Roi Vidal, Teatro.
- 2013: Dores Tembrás, Cronoloxía da urxencia.
- 2014: Oriana Méndez, O que precede a caída é branco.
- 2015: Eva Veiga, Soño e vértice.
- 2016: Modesto Fraga, Devalar sen pel.
- 2017: Xosé Luís Mosquera Camba, Das árbores tropicais e do amor.
- 2018: Xabier Cid, As bicis.
- 2019: Xurxo Alonso, En luz escrita.[3]
- 2020: Manuel López Rodriguez, Nas pulsacións.[4]
- 2021ː Álex Mene, Os puntos de impacto.[5]
- 2022: Carlos Penela, Trono e caléndula.
- 2023: Ciro Fernández Briones, Oídos de espeleóloga.[6]
- 2024: Silvia Penas, A pel do exilio.[7]
Notas
editar- ↑ "BASES. XXV CONCURSO DE POESÍA “CONCELLO DE CARRAL”" (PDF). carral.es. febreiro 2022. Consultado o 5 de maio de 2024.
- ↑ Non se convocou o premio en 2003.
- ↑ "Xorxo Alonso gaña o XXII certame de poesía Concello de Carral". Concello de Carral. Consultado o 2019-05-15.
- ↑ "Manuel López Rodríguez gana el 23º Premio Concello de Carral de Poesía". www.carral.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-23.
- ↑ "Álex Mene resulta gañador do Premio de Poesía de Carral". Nós Diario. Consultado o 2021-05-05.
- ↑ "Ciro Briones, de A Pobra, gana el Premio de Poesía Concello de Carral con "Oídos de espeleóloga"". Diario de Arousa (en castelán). Consultado o 2023-05-19.
- ↑ "SILVIA PENAS ESTÉVEZ CONQUISTA AO XURADO DO 27º PREMIO DE POESÍA DE CARRAL COA SÚA OBRA ‘A PEL DO EXILIO’". carral.es. 4 de maio de 2024. Consultado o 5 de maio de 2024.