Baldo Ramos
Baldomero Fernández Ramos, nado en Celanova o 1 de xaneiro de 1971, é un poeta e artista plástico galego.
Baldo Ramos | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1971 |
Celanova | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | Poeta, escultor e profesor |
Xéneros | Poesía |
Estudos | Filoloxía Hispánica |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Remata a carreira de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela no 1994, na que tamén cursa o Doutoramento en Literatura Española e Hispanoamericana.
Traballou como docente no instituto de Valga e despois no IES de Sar en Santiago de Compostela impartindo clases de lingua castelá e literatura[1].
Comezou a pintar no ano 1993 pola necesidade de establecer pontes entre a escrita e a plástica[2], expoñendo por primeira vez no ano 1994 en Santiago de Compostela. Ten colaborado como poeta e ensaísta en diferentes iniciativas editoriais como Grial, Anuario de Estudios Galegos, Ólisbos, Casa da Gramática, Río Arga, Luces y sombras ou Dorna; e como ilustrador de obras literarias para Follas Novas Edicións, Centro Ramón Piñeiro, Espiral Maior, Dorna, Boletín Galego de Literatura, Faktoría K ou Kalandraka, así como os libros Mongólia: umha entidade estatal rugosóide (2001), de Ígor Lugrís, e Como rematar cos libros dunha vez por todas (2023), de Mario Paz González.
A súa poesía é pouco xenerosa verbalmente, pero non así en canto ao rango de emocións profundas que expresa. Pertence á líña emerxente de autores mozos que, a través do seu intenso labor, renovaron a poesía galega[3].
É autor de máis de douscentos libros de artista de exemplar único.
Obra literaria en galego Editar
Poesía Editar
- Raizames (2001, Follas Novas Edicións).
- A árbore da cegueira (2002, Espiral Maior).
- Escura e transparente (2005, 3C3).
- Branco sobre negro (2006, Galería Sargadelos de Ferrol).
- O ourego e o compás (2006, Casa da Gramática/Fundación Curros Enríquez).
- Monólogo do calígrafo (2008, Colección Bourel).
- Palabras para un baleiro (2009, Espiral Maior).
- Palimpsesto (2009, Sotelo Blanco).
- A ferida de comprender (2011, Follas Novas Edicións). Contén Branco sobre negro e Monólogo do calígrafo, xunto a Espazo contido e Cando as palabras viñan de moi lonxe.
- Cartografía do exilio (2014, Deputación da Coruña).
- Cartas dende o esquenzo (2018, Galaxia, ISBN 978-84-9151-157-1)[4].
- Palabras sen ninguén. Palabras sin nadie (2019). Tigres de Papel. 162 páxs. Edición bilingüe, tradución do autor.[5]
- Porque te quero (2020). Galaxia, Col. Árbore. 100 paxs. ISBN 978-84-9151-427-5.
- Quérote canto (2020). Galaxia. Con Eva Veiga. 200 páxs. ISBN 978-84-9151-466-4.[6]
- Criptografías (2022). Lugo: Alvarellos. Con Pepe Cáccamo. 70 páxs. ISBN 978-84-18567-33-9.
- As aldeas da memoria (2023). Deputación Provincial de Lugo. ISBN 978-84-8192-583-8. Fotografías de Nachock.
Libros de artista (selección) Editar
- As follas da memoria (2001).
- Signos de cinza (2003).
- Cega mudez (2004).
- Palabras de papel (2004).
- Deshabitada espera (2005).
- Homenaxe a Lorca (2005).
- Homenaxe a Valente (2008).
- Luz primeira (2008).
- Na fronteira do dicir (2008).
- Aldara (2009).
- Sorga (2010).
- Candeloria (2011).
Obras colectivas Editar
- Do máis fondo do silencio saen voces (2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña).
- Volverlles a palabra: homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos).
- A Ramallosa. Caligrafías de luz (2011, Asociación Arraianos).
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
- Os ollos das palabras (2012, Xunta de Galicia). Con Caxigueiro.
- Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor (2012, Librería Conde, Celanova).
- Novas de poesía. 17 poetas (2013), Fundación Uxío Novoneyra.
- Onde beben os cervos que amansou o calígrafo (2013). Con Carlos González Villar.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos).
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013, A. C. Caldeirón).
- CaRa inversa, con Xosé María Álvarez Cáccamo (2014, Follas Novas).
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- 1+1=3, 2016, Positivas. Poesía. Con Franck Meyer.
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
- Salgueiro Maia. A liberdade non é unha utopía. (Ediciones Liliputienses, 2017).
- En el vuelo de la memoria. Antología para Ángel Campos Pámpano. (Editora Regional de Extremadura, 2018).
- Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova[7][8][9]. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8
Premios Editar
- Premio de poesía Concello de Carral no 2001, por A árbore da cegueira.
- Finalista dos Premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega ao mellor libro de poesía publicado en galego en 2005, por Escura e transparente.
- Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2009, por Palabras para un baleiro.
- Accésit do Premio Miguel González Garcés no 2014, por Cartografía do exilio.
- 36 Premio Antón Lousada Diéguez 2021, por Quérote canto.[10]
Obra literaria en castelán Editar
Poesía Editar
- Los ojos de las palabras (2002, Fundación María del Villar Berruezo).
- El sueño del murciélago (2003, Pre-textos).
- Diario de una despedida (2005, Amarú Ediciones).
Libros de artista (selección) Editar
- Muere el pájaro en el aire, 2004.
- Palabras sin nadie, 2004.
Premios Editar
- Premio María del Villar Berruezo no 2002, por Los ojos de las palabras.
- Premio Arcipreste de Hita no 2003, por El sueño del murciélago.
- Accésit do Premio de Poesía Iberoamericana Víctor Jara, por Diario de una despedida.
Obra pictórica Editar
Ten exposto individualmente en galerías de Galicia, Portugal e Madrid, e de xeito colectivo en:
- I Premio Auditorio de Galicia, 2001, Santiago de Compostela.
- XVIII Certame de Pintura Concello de Cambre, 2001.
- Bienal Itinerante Eixo Atlántico, 2002-2003, Vigo/Porto.
- VI Bienal de Lalín Laxeiro, 2003.
- DeArte Contemporáneo / Feria de Galerías Españolas, do 2005 ao 2011, Madrid.
- Universidade de Talca, 2005, Chile.
- Galería Unión Latina, 2006, Montevideo.
- Certamen de Arte Gráfico para Jóvenes Creadores, 2006, Casa de la Moneda / Calcografía Nacional, Madrid.
- Puro Arte/Espacio Atlántico (2006, 2010, 2011).
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Notas Editar
- ↑ "Baldo Ramos". aelg.gal. Consultado o 31/05/2018.
- ↑ Lorenzo, Carlos. "Recursos didáctico sobre Baldo Ramos" (PDF). Vértice de versos. Consultado o 31/05/2018.
- ↑ "Baldo Ramos". Poemas del Alma. Consultado o 31/05/2018.
- ↑ "Cartas dende o esquenzo". Editorial Galaxia. Consultado o 31/05/2018.
- ↑ Seara, Xosé Antonio (outubro, novembro, decembro 2019). "Fundación da permanecia". Grial LVII (224): 107. ISSN 0017-4181.
- ↑ Seara, Teresa (Xullo, agosto, setembro 2020). "Certeza e anunciación". Grial. LVIII (227): 68–69. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "Os premios Losada Diéguez reivindican a figura do escritor ourensán na súa 36.ª edición". La Voz de Galicia. 2021-06-13. Consultado o 2022-04-24.