Dorna (revista)
Dorna é unha revista de expresión poética creada no mes de maio do ano 1981 grazas á iniciativa da Asociación Cultural Dorna, da Illa de Arousa.
Dorna | |
---|---|
País | España |
Lingua | lingua galega |
Primeira edición | 1981 |
Circulación | |
ISSN | 0213-3806 |
Na rede | |
http://dialnet.unirioja.es/servlet/revista?codigo=7521 e http://www.usc.es/revistas/index.php/dorna | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e característicasEditar
A partir do segundo número da publicación, a súa edición pasou a mans da Cátedra de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. A revista conta coa publicación das composicións de diversos escritores e escritoras do panorama literario galego, xa sexan relatos, poemas, críticas ou recensións, tanto de autores e autoras emerxentes coma daqueles e daquelas que contan cunha gran traxectoria ás súas costas. Dende o ano 2007, e logo de tres anos de ausencia, regresou cun novo director, Ramón Lorenzo Vázquez, e cun novo comité de redacción, formado por David Pobra, Xosé Manuel Salgado, Lorena Souto e Mario Regueira. Despois formaron o comité de redacción Alba Cid e Ismael Ramos. En outubro de 2022 asumiu a dirección da revista Daniel Chapela.[1]
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.