A Illa de Arousa
Coordenadas: 42°33′16″N 8°51′50″O / 42.55444, -8.86389
A Illa de Arousa | |
---|---|
![]() ![]() | |
![]() Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | arousán |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca do Salnés |
Poboación | 4.958 hab. (2018) |
Área | 7,0 km² |
Densidade | 708,29 hab./km² |
Entidades de poboación | 20 |
Capital do concello | Arousa |
Política (2019[2]) | |
Alcalde | Carlos Iglesias Cores (PSdeG[3]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 6 |
Eleccións municipais na Illa de Arousa | |
Uso do galego[4] (2011) | |
Galegofalantes | 75,37% |
Na rede | |
ailladearousa.es | |
A Illa de Arousa é unha illa e concello da provincia de Pontevedra, situada no interior da ría de Arousa. Segundo o IGE en 2015 tiña 4956 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é arousán/arousana.
PoboaciónEditar
A poboación da Illa de Arousa mantense bastante estable nos últimos anos sobre os cinco mil habitantes[5].
Censo total, en 2015 | 4956 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 733 (14,79 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3246 (65,5 %) |
Maiores de 65 anos | 977 (19,71 %) |
XeografíaEditar
A illa ten unha superficie de 7 km², acadando a súa maior altitude no Con do Forno (68 m). Desde setembro de 1985 está unida ao continente por unha ponte de 2 km.
Algunhas das súas praias son A Area da Secada, A Lavanqueira, O Vao, Camaxe, Carreirón, Espiñeiro e O Cabodeiro.
A illa ten catro peiraos: O Xufre, (onde se comercializa o marisco e o peixe), Cabodeiro, Naval e O Campo. Hai tres paseos marítimos: O Campo, O Cantiño e o que vai do IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura) á Area da Secada. É tamén de interese turístico o faro de Punta Cabalo.
As precipitacións danse en inverno e en outono e en menor cantidade en primavera; no verán as precipitacións son menores de 50 mm. En todo o ano danse máis de 1000 mm de choivas e é rara a vez que cae algunha nevada en inverno xa que a última foi no 1985. As temperaturas medias de inverno son de 10 °C e no verán de 21,5 °C, con máximas de 40 °C en agosto.
O mirador do Santo é o punto máis alto da illa dende onde se pode contemplar a vila e parte da súa contorna.
HistoriaEditar
A illa xa foi habitada nos primeiros tempos do Paleolítico (quedando mámoas na illa Guidoiro Areoso) e na idade de bronce, en épocas en que o nivel do mar era máis baixo. Da época romana quedan restos dunha vila preto da punta do Naso, e localizouse unha necrópole na praia dos Bufos.
No ano 912 a metade da illa pasou a pertencer ao mosteiro de San Martiño Pinario, da orde de san Bieito, trala doazón do bispo de Iria Sisnando. No ano 929 o rei Afonso IV fundou o mosteiro de San Xián.
No século XII, ante as invasións dos normandos, o arcebispo Xelmírez ordenou a construción de naves e torres para protexer a costa, converténdose a illa nun punto de encontro para as tropas.
A partir de 1845 desenvolveuse a industria de salgado e pesca da sardiña, chegando a haber sete factorías. En 1879 inaugurouse a fábrica de salgado Goday, a segunda implantada en Galicia.
Trala división territorial de 1833 converteuse en concello, pero en 1873 pasou a formar parte de Vilanova de Arousa, ao que pertenceu até 1996 agás entre 1935 e 1945, cando formou parte de Vilagarcía de Arousa. En 1996 volveu ser concello de seu, logo da presión social da veciñanza.
O 7 de outubro de 1934 tivo lugar a Independencia da Illa de Arousa que durou unhas horas.[6]
O 14 de setembro de 1985 inaugurouse a ponte que une a illa a terra, que dinamizou a economía da poboación. Até entón os desprazamentos tiñan lugar en pequenos barcos.
Tradicionalmente a economía estivo baseada na pesca e no marisqueo, pero actualmente está máis diversificada.
Patrimonio histórico-artísticoEditar
FestasEditar
- Festa do Patrón: o 7 de xaneiro, San Xulián. Duran tres días, logo de Reis.
- Todos os Santos/ Día de Pedir/ Magosto/ Samaín: entre o 30 de outubro e o 2 de novembro é a festa de Defuntos, e consérvase a tradición de iren os rapaces a pedir polas portas unha esmoliña "polos defuntiños que van alá". As cabazas, que na Arousa se chaman botefas, tamén se facían antes de importar o Halloween e recuperar o Samaín (nome irlandés que se pronuncia Xauin). O magosto a princios de novembro adoita coincidir nesas datas.
- Entroido: o carnaval é unha das celebracións máis importantes na Arousa desde hai moito tempo, tendo noticias de comparsas dos anos 20 e 30, das que se conservan letras. Actualmente acode moita xente dos arredores, especialmente o luns de Entroido.
- Festas do Carme: as festas do verán duran cinco ou seis días, adicados aos quintos, a san Ramón, san Roque, santo Antonio, e á Virxe do Carme. O día do Carme é sempre un sábado, e celébrase normalmente a finais de xullo, variando a data para que coincida con mareas vivas, pois con marea alta celébrase a procesión marítima na que participan centos de embarcacións levando a arousáns e visitantes.
Festas gastronómicasEditar
- Festa da Navalla, o 27 de xullo
- Festa do Mexillón, o 1º domingo de agosto.
- Festa do Polbo, a 1ª fin de semana de setembro.
- Festa gastronómica do Mar, todas as fins de semana de agosto agás a 1ª (que é a do mexillón).
A Illa de Arousa na literatura popularEditar
- Na Arousa non hai mozas,/ en Boiro todas son vellas;/ vivan as de Santo Isidro/ que n’hai mozas como elas [7].
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes da Illa de Arousa.
ParroquiasEditar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Illa de Arousa | |
---|---|
Lugares da Illa de ArousaEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Illa de Arousa vexa: Lugares da Illa de Arousa.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Resultado eleccións 2019
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Illa de Arousa". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
- ↑ Consulta do padrón municipal → Seleccionar tódolos anos, total de sexos, total nacionalidade e concello da Illa de Arousa
- ↑ Un día para la independencia
- ↑ Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 170. No texto: n-hai. Santo Isidro de Posmarcos é unha parroquia de Pobra de Caramiñal.
- ↑ Decreto 175/2008, do 17 de xullo,D.O.G. núm. 160 (20 de agosto de 2008)
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Illa de Arousa |