Manuel Gago Mariño
Manuel Gago Mariño, nado en Palmeira (Ribeira) o 22 de xuño de 1976, é un xornalista e profesor galego.
Manuel Gago Mariño | |
---|---|
Manuel Gago falando no 10º aniversario da Galipedia. | |
Nacemento | 22 de xuño de 1976 |
Lugar de nacemento | Palmeira |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xornalista |
Na rede | |
http://manuelgago.org/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

TraxectoriaEditar
É doutor en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2011 presentou a súa tese de doutoramento Deseño editorial e arquitectura da información nos cibermedios internacionais de referencia, cualificada cun sobresaínte cum laude.
Dá clase na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. É membro do Grupo de investigación en Novos Medios da USC. Mantén o que se considera o blog en activo máis vello do blogomillo, Capítulo 0.
Como divulgador cultural dirixe o portal do Consello da Cultura Galega culturagalega.org. Foi comisario da exposición Ao pé do lar (Museo do Pobo Galego, 2010), promovida para o Fórum Gastronómico en Santiago.
Dentro do eido arqueolóxico, participou no equipo de investigación nas escavacións do castro da Lanzada, e promoveu, xunto co arqueólogo Antón Malde, a escavación do complexo de Pena Furada. En 2011 creou o sitio web Patrimonio Galego, e en 2012 promoveu, tamén con Antón Malde, outra escavación arqueolóxica, a da Torre dos Mouros en Lira.[1][2]
Obra en galegoEditar
EnsaioEditar
- Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI (2012). 2.0 editora. Xunto a Xurxo Ayán.
NarrativaEditar
- Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia (2013). Xerais. Con ilustracións de Manel Cráneo.
- Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia (Edición de campo) (2015). Edicións Xerais. ISBN 978-84-9914-903-5
- O anxo negro (2016). Xerais. 496 páxs. ISBN 978-84-9914-985-1. ePub: ISBN 978-84-9914-987-5.[3]
- O exército do fume (2018). Xerais. 448 páxs. ISBN 978-84-9121-392-5. ePub: ISBN 978-84-9121-394-9.[4]
- O sangue das pantasmas (2021). Libraría Couceiro.[5]
- Nus (2021). Xerais. 392 páxs. ISBN 978-84-9121-001-6. ePub: ISBN 978-84-9121-832-6.[6]
Obras colectivasEditar
- Novas tendencias do xornalismo electrónico (2002). Lea ed. Con Xosé López García e José Pereira Fariña.
- Historia das historias de Galicia (2016). Xerais. 408 páxs. ISBN 978-84-9121-001-6.
Obra en castelánEditar
EnsaioEditar
NotasEditar
- ↑ Sobre nós na web patrimoniogalego.net
- ↑ O autor páxina biográfica no seu blog Capítulo cero
- ↑ Lorenzo Gil, César (2019-04-09). "‘O anxo negro’, buscando un best-seller con conciencia". BiosBardia. Consultado o 2021-03-12.
- ↑ Redacción. "O exército de fume (Xerais) de Manuel Gago". www.fervenzasliterarias.gal. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2021. Consultado o 2021-03-12.
- ↑ Entrevista. "Manuel Gago: sinto que o que hoxe é Galiza decidiuse nos 80". www.nosdiario.gal. Consultado o 2021-03-24.
- ↑ Domínguez Alberte, Xoán Carlos. "Nus". Nós Diario. Consultado o 2021-04-29.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Gago Mariño |