Nélida Piñon

escritora brasileira
(Redirección desde «Nélida Piñón»)

Nélida Cuinas Piñon, coñecida como Nélida Piñón,[1] nada no Río de Xaneiro o 3 de maio de 1937 e finada en Lisboa o 17 de decembro de 2022, foi unha escritora brasileira. Foi presidenta da Academia Brasileira de Letras, sendo a primeira muller en presidila, e académica de honra da Real Academia Galega.[2] O seu nome é un anagrama do nome do avó, Daniel.[3] Foi considerada unha das maiores escritoras do Brasil.[4]

Infotaula de personaNélida Piñon

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Nélida Cuíñas Piñón Editar o valor em Wikidata
3 de maio de 1937 Editar o valor em Wikidata
Río de Xaneiro (Brasil) Editar o valor em Wikidata
Morte17 de decembro de 2022 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Lisboa (Portugal) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña (2021–)
Brasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontifícia Universidade Católica do Rio de Janeiro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , novelista , editora literaria Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm2630600 Instagram: nelidapinonoficial Bitraga: 1245 Dialnet: 4967 Editar o valor em Wikidata

En novembro de 2021 o Consello de Ministros concedeulle a nacionalidade española que asumiu formalmente nun acto no consulado español no Río de Xaneiro en xaneiro de 2022.[5]

Traxectoria editar

 
Nélida Piñón en 1971

Licenciada en Xornalismo pola Facultade de Filosofía da da Pontificia Universidade Católica do Río de Xaneiro. Ampliou estudos na Universidade de Columbia (Estados Unidos). Xa en 1970 inaugurou a primeira cátedra de Creación Literaria na Universidade Federal de Río de Xaneiro e foi titular da cátedra Dr. Henry King Stanford de Humanidades da Universidade de Miami (1990 - 2003) e exerceu como profesora visitante en universidades como as de Harvard, Georgetown, John Hopkins e Columbia. Ademais, impartiu docencia en universidades de Francia, España e o Perú. É colaboradora habitual en medios de comunicación brasileiros.[6] Foi editora e membro do consello editorial de varias revistas no Brasil e Exterior. Tamén ocupou cargos no consello consultivo de diversas entidades culturais na súa cidade natal.

Salientou sempre na loita a favor da condición feminina, sendo a primeira muller que presidiu a Academia Brasileira de Letras (entre 1995 e 1996).

De carácter aberto e extravertido, Nélida sentiu moi cedo a paixón pola literatura. Estreou na literatura co romance "Guia-mapa de Gabriel Arcanjo", publicado en 1961, que ten como temas o pecado, o perdón e a relación dos mortais con Deus.

A súa obra xa foi traducida na Alemaña, Italia, España, Rusia, Estados Unidos etc.

A crítica internacional ten salientado sempre a calidade da súa obra, a forza da súa imaxinación e maila súa capacidade de expresar literariamente os soños da gran familia iberoamericana, como ben indicou en 1989 The New York Times Book Review.

A República dos Soños editar

 
Nélida Piñon, sen data

Esta novela de 1984[7] foi publicada por Editorial Galaxia en 2015, traducida por M.ª Dolores Torres París. A novela conta a historia de dous rapaces que embarcan en Vigo rumbo ao Brasil. É o ano 1913, o éxodo de emigrantes galegos acabaría por ser unha sangría de máis de millón e medio de persoas que atravesan o Atlántico á procura da súa "república dos soños". Segundo a editoraː "Novela intensa e audaz, concibida coa forza tumultuosa desa enorme epopea que foi a emigración a América, Nélida Piñon escribe esta historia dunha maneira engaiolante. Todo un legado de resistencia e vontade por sobrevivir é trasmitido a través dos dous protagonistas, o tiunfador Madruga e o soñador Venancio. Dous xeitos de reflectir as glorias e frustracións dunha experiencia inesquecible e sempre presente na memoria de todos os galegos." Na obra a autora fai reflexións sobre as relacións entre Galicia, España e o Brasil.[8]

Relación con Galicia editar

É de familia de emigrantes galegos, de Almofrei (Cerdedo-Cotobade),[9] e sempre ten feito gala de que Galicia a marcou profundamente.[10] A súa nai, Carmen, falecida en 1998, foi a súa gran referencia xunto co avó, o pai morreu en 1958. Aos catro anos foi vivir a Copacabana. Aos dez, viaxou sos seus pais a Almofrei.[11] Visitou Galicia en moitas ocasións participando e actos culturais e palestras. Varias das súas obras relatan a conexión galego-brasileira, como A República dos Sonhos e O Calor das Coisas.[12][13][14]

Ten recibido varias homenaxes en Galiciaː

Obras editar

Novela editar

  • Guia-mapa de Gabriel Arcanjo (1961). Río de Xaneiro: Edições GRD.
  • Madeira Feita Cruz (1963). Río de Xaneiro: Edições GRD.
  • Fundador (1969). Río de Xaneiro: José Álvaro Editor, 1969. Premio Especial Walmap 1969.
  • A Casa da Paixão Fundador (1969). Río de Xaneiro: José Álvaro Editor, 1969. Premio Especial Walmap 1969.
  • Tebas do Meu Coração (1974). Río de Xaneiro: José Olympio.
  • A Força do Destino (1977). Río de Xaneiro: Editora Record.
  • A República dos Sonhos (1977). Río de Xaneiro: Francisco Alves. Prêmio da Associação de Críticos de Arte – Melhor Ficção de 1985. Prêmio PEN Clube.
  • A Doce Canção de Caetana (1987). Río de Xaneiro: Editora Guanabara.
  • Vozes do Deserto (1987). Río de Xaneiro: Record. Unha relectura de As mil e unha noites, á que adicou varios anos de investigación mergullándose no universo do mundo árabe e oriental.
  • Um dia chegarei a Sagres (2020). Record. 360 páxs. Portugal, séuclo XIX. Mateus, un mozo labrego, criado polo seu avó. Acompañado polo seu can, D. Henrique, tentará chegar a Sagres.[22]

Relato editar

  • Tempo das Frutas (1966). Río de Xaneiro: José Álvaro Editor.
  • Sala de Armas (1966). Río de Xaneiro: José Olympio Editora.
  • O Calor das Coisas (1980). Río de Xaneiro: Editora Nova Fronteira.
  • O Cortejo do Divino e outros Contos Escolhidos (1999). Porto Alegre.
  • La camisa del marido (2014). Alfaguara. 9 relatos.[23]

Infanto xuvenil editar

  • A Roda do Vento (1999). São Paulo: Ática. Novela

Crónicas editar

  • Até Amanhã, Outra Vez (1999). Río de Xaneiro: Record.

Ensaios editar

  • O Ritual da Arte (inédito). Ensaio sobre a creación literaria
  • Pão de Cada Dia (1994). Río de Xaneiro: Nova Fronteira.
  • La Seducción de La Memória (2006). México, ensaios inéditos no Brasil. México
  • Aprendiz de Homero (2006). Río de Xaneiro: Record.
  • Filhos da América (2006). Río de Xaneiro: Editora Record.

Memorias editar

  • Coração Andarilho (2009). Río de Xaneiro: Record.
  • Livro das Horas (2012). Río de Xaneiro: Record. Textos de carácter autobiográfico.
  • Uma furtiva lágrima (2019). Temas e Debates. Reúne pensamentos, reflexións, memorias, aforismos e confesións.

Discursos editar

  • O Presumível Coração da América (2002). Río de Xaneiro: ABL/Topbooks.

Obras traducidas a outras linguas editar

  • Tempo das Frutasː Francés: Le Temps des fruits. Trad.: Violante do Canto e Yves Coleman. París: Des Femmes, 1993. Alemán: Ed. Luchterhand, 1996.
  • Fundadorː Español: Fundador. Trad.: Ida Vitale. Buenos Aires: Emecé, 1973. Polonés: Zalozyciel. Trad.: Janina Z. Clave. Cracóvia: Wydawnictwo Literackie, 1977. Francés: Fondateur. 1998.
  • A Casa da Paixãoː Francés: La Maison de la passion. Trad. Geneviève Leibrich. París: Stock, 1980. París, Des Femmes, 1987. Alemán: Zúric: Ed. Ammann, 1996.
  • Sala de Armasː Español: Sala de Armas. Trad.: María Elena Del Río. Argentina, Plus Ultra, 1983; trad. Jorge A. Pomar. Cuba, Arte y Literatura, 1989. Barcelona, Planeta de Agostini; Cadena de Hoteles NH, 1996.
  • Tebas do Meu Coraçãoː Español: Tebas de mi corazón. Trad.: Angel Crespo. Madrid: Alfaguara, 1978. México, Fin de Siglo, 1991.
  • A Força do Destinoː Francés: La Force du destin. Trad.: Geneviève Leibrich. París: Des Femmes, 1987. Español: La fuerza del destino. Trad.: Mario Merlino. Barcelona: Versal, 1990.
  • Il nuevo regno (contos selecionados)ː Italiano: Trad. Adelina Aletti. Florença, Giunti, 1989.
  • A República dos Sonhosː Inglés: The Republic of Dreams. Trad.: Helen Lane. USA, Knopf, 1989. USA: University of Texas Press, 1991. Inglaterra: Picador, 1994. Francés  La République des rêves. Trad. Violante do Canto e Yves Coleman. París: Des Femmes, 1991. Español: La Republica de los sueños. Trad.: Elkin Obregón Sanín. Colômbia: Norma, 1992.
  • A Doce Canção de Caetanaː Español: La dulce cancion de Cayetana. Trad.: Mario Merlino. Madrid: Mondadori, 1990. Dulce canción de Caetana. Trad. Elkin Obregón. Colômbia: Norma, 1994. Inglés: Caetana’s Sweet Song. Trad.: Helen Lane. USA: Knopf, 1992. Ruso: Moscou: Raduga, 1993.
  • O Calor das Coisasː Español: El calor de las cosas y otros cuentos. México, 2000.

Premios, honras e distincións editar

Ademais dos xa citados en Galiciaː

  • Membro da Academia Brasileira de Letras desde 1989, e primeira muller en presidir unha Academia de Letras no mundo.[6]
  • Premio de Literatura Latinoamericana y del Caribe Juan Rulfo en 1995. Primeira muller en recibir o premio.
  • Premio Ibero-Americano de Narrativa Jorge Isaacs en 2001
  • XVII Premio Internacional Menéndez Pelayo en 2003. Primeira muller en recibir o premio.[24]
  • Premio Puterbaugh Fellow, 2004, Universidade de Oklahoma e revista The World Literature Today.
  • Premio Príncipe de Astúrias en 2005.[6]
  • 2005, Premio Jabuti (Brasil), Mellor Libro do Ano por Vozes do deserto
  • 2010, Premio Internacional Terenci Moix de Literatura, Cinematografía y Artes Escénicas (España).
  • En 2011 foi inaugurada a biblioteca Nélida Piñon no Instituto Cervantes en Salvador/Bahia.[25]
  • No día 21 de setembro de 2012 no marco do XXII Cumio Iberoamericano de Xefas e Xefes de Estado no Bicentenario da Constitución de Cádiz, foi nomeada Embajadora Iberoamericana de la Cultura.[26]
  • En 2013, Premio Cátedra Enrique Iglesias outorgado polo Banco Interamericano de Desenvolvimento – BID, en Washington, USA. Primeira muller en recibir o premio.[27]
  • En 2015, Premio El Ojo Crítico Iberoamericano, Radio Nacional de España.[28]
  • 2019, Premio Vergílio Ferreira (Portugal).[29]
  • 2020, Premio Pen Club de Literatura do Brasil por Um Dia Chegarei a Sagres.

Na súa biografía constan máis de 20 premios brasileiros e internacionais, e máis de 40 condecoracións nacionais e internacionais entre elas:

  • Brasilː Ordem do Cruzeiro do Sul, Comenda do Barão do Rio Branco, Ordem do Mérito Cultural, Ordem do Cruzeiro do Sul, Medalha Tiradentes, concedida pola Assembléia Legislativa do Estado do Rio de Janeiro, Ordem do Mérito Cultural, Medalha Tiradentes, concedida polo Goberno de Minas Gerais.
  • Españaː Premio Reina Isabel La Católica[30], Medalha de Honor de la Emigración.
  • Portugalː Medalha Dom Afonso Henriques.[31]
  • Méxicoː Medalha Aquila do México.
  • Franciaː Chevalier des Arts et des Lettres, concedido pelo Goberno Francês.
  • Chileː Medalha Gabriela Mistral, comemorativa dos 50 anos de outorgamento do Premio Nobel á poetisa chilena.

Recibiu varios títulos Honoris Causa: Université de Poitiers (Francia) Florida Atlantic University (EUA), Universidade de Rutgers (EUA), Universidade de Montreal (Canadá) Universidade Católica de Porto Alegre (Brasil), UNAM (México).

Notas editar

  1. "Nélida Piñon. Departamento de Bibliotecas y Documentación del Instituto Cervantes". www.cervantes.es (en castelán). Consultado o 2020-04-29. 
  2. "Ingreso de Nélida Piñon". Real Academia Galega. 2014-09-27. Consultado o 2024-03-09. 
  3. Piñón, Nélida (2009). Corazón andariego. Alfaguara. p. 12. 
  4. de 2017, Por Luis Novaresio 14 de mayo. "Nélida Piñón: "Estoy feliz porque la literatura me ha permitido estar en este lugar y vivir en todos los mundos"". Infobae (en castelán). Consultado o 2020-04-29. 
  5. Lugo, El Progreso de (2022-01-14). "Nélida Piñón recorda con emoción a Galicia tras recibir a nacionalidade española". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-01-18. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Nélida Piñon". Academia Brasileira de Letras (en portugués). Consultado o 2020-04-29. 
  7. Villarino-Pardo, M. Carmen. "Aproximaçao à obra de Nélida Piñón, "A república dos sonhos"". minerva.usc.es. 
  8. "A república dos soños". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-04-29. 
  9. "Nélida Piñón, a ponte do Atlántico". La Voz de Galicia. 2021-04-02. Consultado o 2021-04-05. 
  10. "Nélida Piñon se siente mujer gallega". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-20. Consultado o 2020-04-29. 
  11. "Nélida Piñón" (en castelán). 2020-04-14. 
  12. "Nélida Piñon: a ponte galego-brasileira de uma ‘mulher de raça’ - IGADI" (en castelán). 2023-09-04. Consultado o 2024-03-09. 
  13. "Piñon: The Republic of Dreams". The Modern Novel (en inglés). Consultado o 2024-03-09. 
  14. "Nélida Piñón e A Illa de Arousa". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-07-02. Consultado o 2024-03-09. 
  15. "USC TV - Investidura Doutor Honoris Causa. Nélida Pinón". tv.usc.gal. Consultado o 2020-04-29. 
  16. "A cercanía da filla de Cotobade". La Voz de Galicia. 2005-04-02. Consultado o 2020-04-29. 
  17. "O PEN Clube homenaxea a Nélida Piñón, Esther Vázquez e Díaz Pardo". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-01-21. Consultado o 2020-04-29. 
  18. "Premio: Premio Relato Breve Nélida Piñón. Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2020-04-29. 
  19. "A memoria de Nélida Piñón habita no Bosque das Palabras de Quinteiro da Cruz". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-12-18. Consultado o 2024-03-09. 
  20. "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2020-04-29. 
  21. "A casa do pobo de Borela pasará a chamarse Casa Cultura Nélida Piñón". Pontevedra Viva. Consultado o 2020-04-29. 
  22. "Um Dia Chegarei a Sagres - Nélida Piñon". Agencia Literaria Carmen Balcells (en castelán). Consultado o 2021-04-05. 
  23. "Nélida Piñón vuelca en ‘La camisa del marido’ una crítica hacia el patriarcado". www.elcorreogallego.es/tendencias (en castelán). 
  24. "La escritora Nélida Piñón recibió el premio Menéndez Pelayo en Santander". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-07-10. Consultado o 2020-04-29. 
  25. "Información general de la biblioteca del Instituto Cervantes de Salvador.". salvador.cervantes.es. Consultado o 2020-04-29. 
  26. "Embajadores Iberoamericanos de la Cultura. SEGIB" (en castelán). Consultado o 2020-04-29. 
  27. France-Presse), AFP (Agencia. "Escritora brasileña Nélida Piñon recibe premio del BID por su aporte a cultura". Hdhod - Spain (en castelán). Consultado o 2020-04-29. 
  28. RTVE, PRENSA (2014-12-09). "La escritora Nélida Piñón, primera galardonada con 'El Ojo Crítico' Iberoamericano de RNE". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2020-04-29. 
  29. Lusa, Agência. "Universidade de Évora entrega Prémio Vergílio Ferreira à escritora Nélida Piñon". Observador (en portugués). Consultado o 2020-04-29. 
  30. "Nélida Piñon. Departamento de Bibliotecas y Documentación del Instituto Cervantes". www.cervantes.es. Consultado o 2020-04-29. 
  31. "Acadêmica e escritora Nélida Piñon lança o livro ‘Uma furtiva lágrima’, no dia 16 de maio, quinta-feira, na Livraria Travessa do Leblon". Academia Brasileira de Letras (en portugués). 2019-05-02. Consultado o 2020-04-29. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar