Darío Villanueva
Francisco Darío Villanueva Prieto, nado en Vilalba o 5 de xuño de 1950,[1] é un crítico literario e profesor universitario galego. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1994 e 2002, e director da Real Academia Española entre 2014 e 2018.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1950 (74 anos) Vilalba, España |
Director Real Academia Española | |
2014 – 2018 ← José Manuel Blecua Perdices | |
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela | |
1994 – 2002 ← Ramón Villares – Senén Barro → | |
Presidente Fundéu | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Autónoma de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Filoloxía |
Ocupación | crítico literario, escritor, catedrático, teórico literario |
Período de actividade | 1973 - |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Mª Ermitas Penas Varela |
Fillos | Beatriz e José Francisco |
Premios | |
Traxectoria
editarDoutor de Teoría da literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela, especializado en Don Quixote da Mancha e a relación entre literatura e cinema. Foi secretario e posteriormente decano da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela entre 1978 e 1990. En xuño de 1994 produciuse a súa elección como reitor, á fronte dunha coalición que agrupaba os sectores do profesorado vinculados co PSdeG e co PPdG. En maio de 1998 foi reelixido para un segundo e último mandato de catro anos.
É membro da Asociación Internacional de Hispanistas, da Sociedad Española de Literatura General y Comparada, da que é presidente, da Asociación Española de Teoría de la literatura (ASETEL), que presidiu entre 1996 e 2001, da Sociedad Española de Semiótica e da Twentieth Century Spanish Association of America. Ademais foi profesor visitante da Escuela española de Middlebury College (Vermont) en 1987; nos outonos de 1988 e 1993 da Universidade de Colorado en Boulder, a cuxo claustro pertence desde 1989 en calidade de catedrático asistente; e entre 1989 e 1991 da Universidade de Borgoña, en Dijon. Foi tamén crítico literario da revista El Cultural do diario El Mundo.
Obra publicada en castelán, galego e inglés
editar- “El Jarama" de Sánchez Ferlosio. Su estructura y significado, 1973, Universidade de Santiago de Compostela, 167 páxina. Segunda edición corrixida e revisada, Edition Reichenberger/Universidade de Santiago de Compostela, Kassel/Santiago de Compostela, 1994, 252 páxinas.
- Estructura y tiempo reducido en la novela, Editorial Bello, Valencia, 1977, 356 páxinas. Segunda edición revisada, Editorial Anthropos, Barcelona, 1994, 447 páxinas.
- La novela lírica I. Azorín, Gabriel Miró y La novela lírica II. Pérez de Ayala, Jarnés, Ediciones Taurus, Madrid, 1983, dous volumes de 308 e 264 páxinas, respectivamente.
- Edición y estudio de Camilo José Cela, La colmena, Ediciones Noguer, Barcelona, 1983, 400 páxinas. Nova edición, considerablemente ampliada, en Vicens-Vives, Barcelona, 1996, 297 páxinas. Primeira reimpresión, 1998; segunda, 2000 e terceira 2002. Segunda edición, corrixida e aumentada, 2004. Primeira reimpresión, 2007.
- Edición crítica y estudio de Gustavo Adolfo Bécquer, Desde mi celda, Editorial Castalia, Madrid, 1985, 218 páxinas. Nova edición, Editorial Castalia, Madrid, 1993.
- Edición y estudio de Pío Baroja, Las inquietudes de Shanti Andía, Editorial Espasa-Calpe, Madrid, 1988, 18ª edición, 346 páxinas. Triseximosegunda edición, Espasa-Calpe, Madrid, 2007.
- El comentario de textos narrativos: La novela, Ediciones Júcar/Ediciones Aceña, Madrid/Valladolid, 1989, 206 páxinas. Segunda edición revisada, Ediciones Júcar, Gijón, 1992, 212 páxinas. Terceira edición, 1995, 212 páxinas.
- Edición y estudio de Ramón del Valle-Inclán, Sonata de invierno, Círculo de lectores, Barcelona, 1990, 148 páxinas.
- El polen de ideas. Teoría, Crítica, Historia y Literatura comparada, Promociones y Publicaciones Universitarias, Barcelona, 1991, 406 páxinas.
- Selección y estudio preliminar de Camilo José Cela. Páxinas escollidas, Madrid, Espasa-Calpe, 1991, 288 páxinas.
- Trayectoria de la novela hispanoamericana actual, Madrid, Espasa-Calpe, 1991, 453 páxinas. En colaboración con José María Viña Liste. En 1998 o Consello Superior de Cultura da República Árabe de Exipto publicou no Cairo a tradución á lingua árabe desta obra, realizada por Mohamed Abuelata Abdel Rauof, catedrático e vicedecano da Facultade de Al-Alsun na Universidade Ain Shams da capital exipcia. O libro ten 527 páxinas.
- Teorías del realismo literario, Instituto de España/Espasa-Calpe, Madrid, 1992, 231 páxinas. Tradución inglesa de Mihai I. Spariosu e Santiago García-Castañón, Theories of Literary Realism, State University of New York Press, Albany, 1997, 190 páxinas. Segunda edición española, corrixida e aumentada, Biblioteca Nueva, Madrid, 2004, 253 páxinas.
- La poética de la lectura en Quevedo, Universidade de Manchester, 1995, vi + 46 páxinas. Segunda edición, corrixida e aumentada, Siruela, Madrid, 2007, 141 páxinas.
- Retórica de la lectura y la comunicación periodísticas, La Voz de Galicia, A Coruña, 1995, 51 páxinas.
- Avances en Teoría de la literatura: estética de la recepción, Editorial Universidade de Santiago de Compostela, 1994, 376 páxinas. ISBN 978-8481211511
- Cronología de la Literatura española, IV. Siglo XX (Primera parte), Ediciones Cátedra, Madrid, 1997, 1236 páxinas. En colaboración con Margarita Santos Zas.
- Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas I (Novelas), Biblioteca Castro, Madrid, 1999, XXXIX + 826 páxinas. Traballo realizado en colaboración con José Manuel González Herrán.
- Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas II (Novelas), Biblioteca Castro, Madrid, 1999, XXV + 905 páxinas. Con J. M. González Herrán.
- Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas III (Novelas), Biblioteca Castro, Madrid, 1999, XXVIII + 963 páxinas. Con J. M. González Herrán.
- Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas IV (Novelas), Biblioteca Castro, Madrid, 1999, XXV + 777 páxinas. Con J. M. González Herrán.
- Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas V (Novela), Biblioteca Castro, Madrid, 1999, XXIV + 745 páxinas. Con J. M. González Herrán.
- Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas VI (Novelas Cortas), Biblioteca Castro, Madrid, 2002. XXVII + 965 páxinas. Con J. M. González Herrán.
- Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas VII (Cuentos), Biblioteca Castro, Madrid, 2003, XXXIII + 410 páxinas. Con José Manuel González Herrán.
- Discurso do rectorado (1994-2002), Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, 2003, 438 páxinas.[2]
- Valle-Inclán, novelista del modernismo, Tirant lo Blanch, Valencia, 2005, 198 páxinas.
- Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas VIII (Cuentos), Biblioteca Castro, Madrid, 2005, XXIX + 841 páxinas. Con José Manuel González Herrán.
- Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas IX (Cuentos), Biblioteca Castro, Madrid, 2005, XXIX + 751 páxinas. Con José Manuel González Herrán.
- Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas X (Cuentos), Biblioteca Castro, Madrid, 2005, XXXVI + 738 páxinas. Con José Manuel González Herrán.
- Selección y prólogo de Rafael Dieste, Obras literarias, Colección Obra Fundamental, Fundación Santander Central Hispano, Madrid, 2006, LV + 423 páxinas.
- Da palabra no tempo. Estudos e ensaios de literatura, Espiral Maior/Auliga Ensaio, A Coruña, 2007, 319 páxinas.
- Imágenes de la ciudad. Poesía y cine, de Whitman a Lorca, Ensayos Literarios de la Cátedra Miguel Delibes, Universidade de Valladolid, 2008, 286 páxinas. Segunda edición corrixida, 2009.
- El Quijote antes del cinema. Discurso leído o día 8 de xuño de 2008 na súa recepción pública por Darío Villanueva e contestación de Pere Gimferrer, Real Academia Española, Madrid, 2008, 181 páxinas.
- Las fábulas mentirosas. Lectura, realidad, ficción, Universidade Autónoma de Aguascalientes, 2008, 211 páxinas.
- Después de la Galaxia Gutenberg y de la Galaxia McLuhan / After the Gutenberg Galaxy and the McLuhan Galaxy, edición bilingüe con tradución inglesa de Robert Dewey, Society of Spanish and Spanish-American Studies, Filadelfia, 2008, 133 páxinas.
- Mario Vargas Llosa: La novela como literatura / Mario Vargas Llosa: The novel as literature, Edición bilingüe con tradución inglesa de Hope Doyle D'Ambrosio, Society of Spanish and Spanish-American Studies, Temple University, Filadelfia, / Adler Enterprises LLC, Cincinnati, 2011, 210 páxinas.
- Los trabajos y los días. Filologías (2020). USC. 340 páxs.[3]
- Morderse la lengua (2021). Espasa.
Vida persoal
editarEstá casado con María Ermitas Penas Varela, profesora de literatura castelá na Universidade de Santiago de Compostela. En 1978 naceu a súa filla Beatriz, licenciada en Dereito e cun mestrado en Cooperación e Acción solidaria da Unión Europea, e en 1984 o seu fillo José Francisco, estudante de Dirección e Administración de Empresas.[4]
Premios e condecoracións
editarDarío Villanueva recibiu a Insignia de Ouro do Grupo Compostela de Universidades, a Orde Nacional ao Mérito de Ecuador, en grao de oficial (2001) e a Medalla Castelao (2005). É doutor honoris causa polas universidades Universidade Nacional de San Luis Gonzaga de Ica, Universidade Ricardo Palma de Lima, Universidade de Birmingham, Universidade de Ciencias Empresariales y Sociales de Bos Aires, Universidade Nacional de Cuyo, Universidade de Colorado e Universidade de Karlstad.
Logo de tres votacións, foi nomeado académico da Real Academia Española en xullo de 2007, na cadeira d. En 2010 presentouse ao cargo de director da Academia, pero foi derrotado por José Manuel Blecua. Catro anos máis tarde, en 2014, é elixido presidente como único candidato, co que se convertía no primeiro galego en ocupar ese posto. Premio Francisco Umbral ao Libro do Ano 2021 por Morderse la lengua.[5]
Notas
editar- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Villanieva Prieto, Francisco Darío". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 599. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ Discurso do Rectorado: (1994-2002). ISBN 84-9750-133-0.
- ↑ Rodríguez González, Olivia (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "Unha autobiografía intelectual inscrita na historia universitaria". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 94–96. ISSN 0017-4181.
- ↑ Universitat Pompeu Fabra. "Curriculum vitae de Darío Villanueva". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 20 de outubro de 2015.
- ↑ "Darío Villanueva gana con ‘Morderse la lengua’ el premio Francisco Umbral". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-01-11.
- ↑ "O catedrático Darío Villanueva, Premio Otero Pedrayo 2023". Nós Diario. 23 de outubro de 2023.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Entrevista para El Progreso (en castelán)
Predecesor: Ramón Villares |
Reitor da Univ. de Santiago 1994 - 2002 |
Sucesor: Senén Barro Ameneiro |
Predecesor: José Manuel Blecua Perdices |
Director da Real Academia Española 2015 - 2019 |
Sucesor: Santiago Muñoz Machado |